Esta web naceu para promover o uso do GNU/Linux e o Software Libre en xeral, asi como para servir de punto de encontro de todos os entusiastas deste software.

Reunímonos todos os últimos sábados de cada mes, contacta con nós!

Séguenos na nosa canle no Telegram https://t.me/galpon (@galpon)

e tamén no fediverso, en Mastodon @[email protected]

e en Pixelfed @[email protected]

Conversa sobre liberdade na nosa sala en Matrix #galpon:matrix.org

Atención docente!

Cantos artigos da Wikipedia usaches nas túas clases?
Cantos artigos terán consultado os teus alumnos e alumnas?
Cantos artigos axudaches a elaborar?
Seguro que ti e o teu alumnado tedes empregado a Galipedia en moitísimas ocasións, mais, se cadra, aínda nunca destes o paso de participar activamente nela e colaborar na edición de artigos. Se cadra non sabes como facelo, non o ves doado ou, sinxelamente, nunca te puxeches a investigar, porque non hai tempo para todo!

Se é así… agora tes a oportunidade! O dia 28 de febreiro, GALPon, coa colaboración dos administradores da Galipedia, organiza a súa primeira editatón da Galipedia, na que poderemos aprender xuntos como participar na creación de artigos, asesorados por usuarios experimentados, ao tempo que axudamos a que medre o coñecemento dispoñible para todo o mundo, na nosa lingua.

Comeza o 3º ciclo dos Sábados Libres na Altamar

Xaneiro, 31 ─ Programación de Arduino & Arduino Connect

O obradoiro estará dirixido por Guillermo Cordeiro, socio de GALPon e técnico de sistemas.

Mapa (OSM) no que situar a Residencia Altamar

Contido:
1.- Presentación da plataforma de hardware libre Arduino.

2.- Iniciación ao entorno de programación «procesing».

3.- Realización dos distintos exemplos dispoñíbeis na páxina de Arduino.

Pechando as datas dos #SLAltamar

Para este ano vindeiro temos unha programación no 3º Ciclo dos Sábados Libres na Altamar, que consideramos moi apetecíbel.

Adiantámosvos o que xa está confirmando:

  • Xaneiro, 31 ─ Programación de Arduino & Arduino Connect
  • Febreiro, 28 ─ Primeiro Editatón da Galipedia
  • Marzo, 28 ─ Seguridade nas comunicacións e nas transaccións en entornos libres
  • Abril, 25 ─ Cociñando ROM, Android, Cyanogen, Kitchen, apk-tool, Genimotion, ...
  • Maio, 30 ─ Proxecto de automática/robótica con Hw Libre patrocinado por GALPon
  • Xuño, 27 ─ Tratamento dixital de imaxes (fotografía) en entornos libres
  • Setembro, 26─ Construción dunha impresora 3D Prusa I3 Hephestos
  • e, sen concretar aínda as datas:

Publicación da PicarOS Diego 2014

Un ano máis, o equipo de GALPon MiniNo, temos preparado para vós unha nova versión de PicarOS con novidades que seguro van gustar a máis dun. Este ano centrámonos en facer a vida un chisco máis cómoda aos nosos colegas mestres e mestras de Primaria ademais de axustar os programas a este nivel educativo e preparalos para o uso na aula ou na casa.

Sábados Libres na Altamar ─ Bash scripting III

Rematado xa o tempo de lecer do verán, presentamos o obradoiro para o o próximo sábado 27 setembro

Realización de interfaces gráficas con Zenity e Yad (Gtk) e KDE Dialogs.

Procesos de internacionalización (i18n) dos diálogos/mensaxes.
Ou o que é o mesmo: Como facer que os nosos scripts poidan ser traducidos a diferentes idiomas en función da variable $LANG.

Publicada a minino ártabros 2.1 RC (release candidate)

Etiquetas

Coincidindo coa celebración do encontro de desenvolvedores do proxecto «GALPon MiniNo» IV minino-devconf, informamos da publicación da nova versión, en fase de RC da futura MiniNo Ártabros 2.1. Podedes descargala desde a páxina de descargas de minino.

Podedes ver todos os detalles na páxina específica de información do web de minino

Salientar que, tras os últimos axustes, conseguimos reducir o consumo de RAM (nunha instalación e só co escritorio) a 65 MB, a versión anterior precisaba de 74 MB, o que supón unha redución de algo máis do 12%.

Encontro de desenvolvedores de GALPon MiniNo e PicarOS ─ IV minino-devconf

Este encontro anual dos que traballamos no desenvolvemento das 3 distribucións, para definir as liñas estratéxicas das distribucións, poñer en común os problemas que imos atopando e manter unha xornada de compañeirismo, imos celebralo o próximo sábado 26 de xullo nas dependencias da Residencia Altamar Sala 2, Planta 6, Edif. Eldorado (Uruguai nº 8, Vigo).

Xa está no forno a RC da v 2.1 de GALPon MiniNo Ártabros.

En poucos día publicaremos a versión candidata da nosa distro, desta vez estará formada por dúas edicións:
Unha «mínima» que pode ser gravada nun CD
Unha «full» que precisa ser gravada nun DVD ou USB
De todos os xeitos, edición «mínima» incorporará un script que permitirá, tras a instalación e estando conectado á Internet, facer uha replica da instalación «full».
A versión «mínima» mantén a mesma paquetería que a v2.0 e a «full» leva LibreOffice, a mensaxería de Pidgin e os temas de Mate.
En ámbolos dous casos a base é a Debian 7.5 (Whezzy)

Máis info no web de MiniNo.

Esta publicación forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2014 da Xunta de Galicia.