Esta web naceu para promover o uso do GNU/Linux e o Software Libre en xeral, asi como para servir de punto de encontro de todos os entusiastas deste software.

Reunímonos todos os últimos sábados de cada mes, contacta con nós!

Séguenos na nosa canle no Telegram https://t.me/galpon (@galpon)

Conversa sobre liberdade na nosa sala en Matrix #galpon:matrix.org

Remate do ciclo de obradoiros «Sábados Libres na Altamar»

O pasado sábado 30 realizouse o quinto e último obradoiro programado para este ano dentro do ciclo dos «Sábados Libres na Altamar» que organizamos da man da Asoc. Xuvenil Altamar e co Patrocinio da AMTEGA nos espazos cedidos pola Residencia Altamar.

Chega o momento dos agradecementos e non quixeramos que se nos esquecera ninguén:

  • No primeiro lugar, agradecervos a vosa presencia a todos os que asistichedes a estes obradoiros por conseguiredes crear un excelente entorno de traballo e facer que na «biblioteca» sentísemos a presencia dunha «comunidade».
  • Especial recoñecemento aos ponentes/profesores polo traballo desenvolvido e por ternos «transferido libremente» os vosos coñecementos.
  • Agradecer as facilidades dadas pola Dirección da Residencia Altamar, permitíndonos sentir como na casa, e aos rapaces da directiva da Asoc. Xuvenil Altamar por simplificarnos todo o traballo.

A xeito de resumo, algúns datos:

  • Total de asistencias ao ciclo 122
  • Total de persoas (únicas) que asistiron ao ciclo 71
  • Total de horas de actividade 32h:30m
  • Total de enquisas recollidas 83

Finalmente, darlles a benvida aos 3 novos socios de GALPon, xurdidos da camaradería destas xornadas.

Permanecede atentos a esta web e ao grupo de GALPon no G+ xa que xa estamos a artellar o ciclo do ano de que ven, do que podedes ver as notas previas no noso wiki

Esta actividade forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2013 da Xunta de Galicia.

Decisión final sobre a «Convocatoria de axuda en forma de colaboración para un Proxecto de automática/robótica sobre Hardware e Software Libre»

P { margin-bottom: 0.21cm; direction: ltr; color: rgb(0, 0, 0); font-family: "Arial",sans-serif; font-size: 11pt; font-style: normal; font-weight: normal; line-height: 115%; text-align: left; widows: 2; orphans: 2; text-decoration: none; page-break-before: auto; page-break-after: auto; }A:link { }

Analizados os proxectos presentados, só un superou a fase previa administrativa, xa que dos (poucos) proxectos presentados todos, agás un, non cumprían as bases. Uns por non acompañar o orzamento estimado, outros por presentar un proxecto excesivamente ambiguo e outros por consistir na compra dun «kit» e proceder a montalo, o que consideramos que é unha manualidade.

De entre todos, como diciamos, só un cumpría os requisitos mínimos, polo que fíxose merecedor da achega de material conforme ao convenio e que foi o presentado por:

Resumo da actividade na III Conferencia de desenvolvedores de GALPon MiniNo (III minino-devconf)

Cita

  • Día: sábado 2 de novembro (2013)
  • Hora: 11:00 am
  • Lugar: Sala 2, Planta 6, Edif. Eldorado (Uruguai nº 8, Vigo)
    • Asistiron 6 desenvolvedores (un desde Murchante (Navarra), outro desde Tudela (Navarra) e outro desde Sevilla), o noso deseñador e 2 betatesters (unha desde Murchante (Navarra), que ademais é a nosa tradutora ao inglés, así como 2 usuarios avanzados en GNU/Linux colaboradores habituais e patrocinadores.

III minino-devconf

Por fin!

Despois de non dar atopado unhas datas nas que puideramos coincidir ós máis posíbeis, finalmente imos xuntarnos os que dun xeito ou outro colaboramos no desenvolvemento de MiniNo, PicarOS e minino4RPi. Isto será o vindeiro sábado día 2 a partires das 11 da mañá.

4ª Xornada dos Sábados Libres na Altamar

 
Arduino Connect
  • Obradoiro práctico para a conexión da plataforma Arduino a diferentes tipos de rede: Bus-Can, Bluetooth, Ethernet, Wifi, ...
Detalle da programación:
  • Presentación
    • Unha pequena charla para falar dos diferentes métodos de conexión que se usaran na xornada:
      • Serial (USB).
      • I2C.
      • GSM.
      • Bluetooth.
      • Ethernet.
      • RFID.
  • Obradoiro
    • Crearanse grupos para traballar nos diferentes métodos de conexión. Para facer o máis amena posible a xornada tentarase que cada grupo chegue a traballar coas 6 conexións.

Evento en G+

É obrigatrio rexistrarse na Folla de inscricións

Esta actividade forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2013 da Xunta de Galicia.

Convocatoria de axuda en forma de colaboración para un Proxecto de automática/robótica sobre Hardware e Software Libre

GALPon informa:

Modificación importante das bases da convocatoria.

Por mor de que tódolos proxectos recibidos ou non están debidamente informados ou non acadan un mínimo de calidade, decidimos ampliar a zona xeográfica a toda Galicia e ampliamos o prazo de entrega de propostas ata o día 27 de outubro.