Esta web naceu para promover o uso do GNU/Linux e o Software Libre en xeral, asi como para servir de punto de encontro de todos os entusiastas deste software.

Reunímonos todos os últimos sábados de cada mes, contacta con nós!

Séguenos na nosa canle no Telegram https://t.me/galpon (@galpon)

Conversa sobre liberdade na nosa sala en Matrix #galpon:matrix.org

Sábados Libres na Altamar ─ Bash scripting III

Rematado xa o tempo de lecer do verán, presentamos o obradoiro para o o próximo sábado 27 setembro

Realización de interfaces gráficas con Zenity e Yad (Gtk) e KDE Dialogs.

Procesos de internacionalización (i18n) dos diálogos/mensaxes.
Ou o que é o mesmo: Como facer que os nosos scripts poidan ser traducidos a diferentes idiomas en función da variable $LANG.

Publicada a minino ártabros 2.1 RC (release candidate)

Etiquetas

Coincidindo coa celebración do encontro de desenvolvedores do proxecto «GALPon MiniNo» IV minino-devconf, informamos da publicación da nova versión, en fase de RC da futura MiniNo Ártabros 2.1. Podedes descargala desde a páxina de descargas de minino.

Podedes ver todos os detalles na páxina específica de información do web de minino

Salientar que, tras os últimos axustes, conseguimos reducir o consumo de RAM (nunha instalación e só co escritorio) a 65 MB, a versión anterior precisaba de 74 MB, o que supón unha redución de algo máis do 12%.

Encontro de desenvolvedores de GALPon MiniNo e PicarOS ─ IV minino-devconf

Este encontro anual dos que traballamos no desenvolvemento das 3 distribucións, para definir as liñas estratéxicas das distribucións, poñer en común os problemas que imos atopando e manter unha xornada de compañeirismo, imos celebralo o próximo sábado 26 de xullo nas dependencias da Residencia Altamar Sala 2, Planta 6, Edif. Eldorado (Uruguai nº 8, Vigo).

Xa está no forno a RC da v 2.1 de GALPon MiniNo Ártabros.

En poucos día publicaremos a versión candidata da nosa distro, desta vez estará formada por dúas edicións:
Unha «mínima» que pode ser gravada nun CD
Unha «full» que precisa ser gravada nun DVD ou USB
De todos os xeitos, edición «mínima» incorporará un script que permitirá, tras a instalación e estando conectado á Internet, facer uha replica da instalación «full».
A versión «mínima» mantén a mesma paquetería que a v2.0 e a «full» leva LibreOffice, a mensaxería de Pidgin e os temas de Mate.
En ámbolos dous casos a base é a Debian 7.5 (Whezzy)

Máis info no web de MiniNo.

Esta publicación forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2014 da Xunta de Galicia.

Proxecto Trasno organiza o «Encontro ibérico de tradutores de software libre a linguas minorizadas»

Os nosos compañeiros de Proxecto Trasno organizan un encontro cos equipos de tradución  de SwL aos idioimas minorizados do estado español, concretamente cos equipos Librezale (Euskal Herria), Softcatalá (Catalunya), Softastur (Asturies) e Softaragonés (Aragón).

GALPon, a xeito de colaboración, aporta a este encontro unha bolsa coa que poder facer fronte ao alugueiro dun cuarto de hostal para os trasnegos que teñan que desprazarse a santiago de Compostela. Asemade colabora no aloxamento da páxina web.

Porque acceder á tecnoloxía no noso idioma é un dereito!

Geocamp ES: Un día para falar de XIS, de novo en Galicia

P { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 120%; }A.cjk:link { }A.ctl:link { }

Unha Geocamp é unha xeo-desconferenza, un evento onde todos os participantes toman un papel máis activo dentro da creación do evento. Ten a súa orixe no concepto de Barcamp. É un día para o intercambio de experiencias, coñecementos e valores arredor de todo aquelo que teña que ver coa temática XEO e non tan XEO.

 

Na edición do ano 2013 máis de 50 persoas xuntáronse na localidade de Bouzas (Vigo), chegados de varios puntos de España e mesmo dende Estado Unidos, procedentes de entidades públicas, empresas punteiras no sector XEO a nivel mundial, administracións, freelances, etc...

 

Sábados Libres na Altamar ─ Programando con Python e Glade, casos prácticos

Neste 2º Obradoiro adicado á POO e dirixido tamén por Sergio Costas (aka rastersoft) Desenvolveremos a seguinte actividade:

Presentaránse algúns casos prácticos, de mais sinxelo a máis complexo, e os asistentes deberán realizar a programación correspondente a cada caso.

Esta será unha sesión eminentemente práctica na que os asistentes desenvolveran as seguintes propostas:

Nova revisión da GALPon MiniNo Alguadaira

Vimos de publicar a revisión da nosa distro máis velliña, a Alguadaira.
Nesta revisión aseguramos os posíbeis problemas de seguranza, actualizamos os repositorios e engadimos a configuración de Xorg feita para o Sony Vaio PGC-C1 XD con gráfica Neomagic de 1280x480 px.
Esta revisión leva o nº de versión 1.2.3 é estará dispoñíbel só na arquitectura i486 (co que funcionará tamén en arquitecturas i686)

Podedes descargala na páxina de GALPon MiniNo