Esta web naceu para promover o uso do GNU/Linux e o Software Libre en xeral, asi como para servir de punto de encontro de todos os entusiastas deste software.

Reunímonos todos os últimos sábados de cada mes, contacta con nós!

Séguenos na nosa canle no Telegram https://t.me/galpon (@galpon)

Conversa sobre liberdade na nosa sala en Matrix #galpon:matrix.org

Construíndo unha impresora 3D con GALPon

En GALPon estamos preparando un obradoiro para aquelas persoas que queiran introducirse no mundo dos makers con Hardware e Software Libre.

A dinámica que estamos planificando é a seguinte:

  • Adicaremos unha xornada (sábado) completa.
  • Construiremos unha impresora Prusa i3 (RepRap ou máquina replicante).
  • Os asistentes poderán agruparse en equipos.
  • Haberá unha persoa, con experiencia na construción destas máquinas, adicada a non máis de dous equipos para titorizalos.
  • Cada equipo deberá levar todos os materiais necesarios para a construción dunha impresora.

Obradoiro de Introdución ao Software Libre e GNU/Linux na Universidade de Vigo

Como tódolos anos, novamente GALPon imparte un Obradoiro de Iniciación ao Software Libre e GNU/Linux na Universidade de Vigo.

Este próximo obradoiro iniciarase o  18 de febreiro e rematará o 10 de abril, o horario será de 14:00 a 16:00 tódolos martes e xoves (agás os festivos). Terá lugar no Laboratorio AS06 do edificio da E.T.S.E. Telecomunicacións

2ª Xornada dos Sábados Libres na Altamar ─ Estatística con R (I)

O proximo sábado 22 de febreiro continuamos co 2º Ciclo dos Sábados Libres na Altamar.

Nesta segunda xornada desenvolverase o primeiro (de dous) obradoiros prácticos sobre o emprego da ferramenta de Estatística «R» que vai seren dirixido por Miguel Branco, investigador no Depto. de Ecoloxía e Bioloxía animal, UVigo

Linux Preload

Nestes días nos que moitos de nos andamos a buscar equipos que non veñan pre-infectados co virus de Redmond, puxemonos a buscar e atopamos esta páxina: http://linuxpreloaded.com/ na que atopamos algunhas cousas interesantes.

De entre todas, gustariame salientar a marca española Mountain, que ten unha familia básica moi axeitada http://www.mountain.es/PORTABLE-Business-Productivity (procesador i5 e 4 GB RAM por 679,00 € IVE incluído). Dispón tamén doutros modelos máis potentes ou axeitados para un traballo máis intensivo.

Día da Liberdade dos Documentos 2014

Comezamos a camiñar cara ao:

ás 10:45h

no Salón de Graos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UniversidadeVigo

Contaremos coa presencia do Técnico da Oficina de Software Libre da Universidade de Granada D. A. Pablo Hinojosa Gutierrez (@pisicobyte_) para falar sobre «A necesidade de liberar a documentación académica e de investigación»

Esta conferencia vai dirixida especialmente aos alumnos de Tese, TFG, PFC, doutorandos, investigadores ... e a todo o público interesado na Cultura e nos estándares Libres.

A seguir teremos un debate aberto sobre a tese da ponencia.

Todo un éxito da familia MiniNo

Remata o ano e quixemos facer unha revisión do estado das descargas das distintas versións de GALPon MiniNo actualmente dispoñíbeis para descarga e este é o estado:

  • Ártabros (2.0):              9.020
  • Alguadaira (1.2.2) i486: 2.589
  • Alguadaira (1.2.2) i686: 1.879
  • PicarOS Diego (2013):   2.164
  • TOTAL:                       15.652