Artigo destacado
|
Hannah Beswick, coñecida de maneira póstuma como a momia de Manchester como a momia de Birchin Bower, nada en 1688 e finada en febreiro de 1758, foi unha muller británica adiñeirada que vivía nunha propiedade chamada Birchin Bower, situada na área de Hollinwood, en Oldham, Inglaterra. Debido aos seus antecedentes familiares, Beswick tiña un medo patolóxico a ser enterrada viva. Así, dise que antes de morrer manifestara o desexo de que o seu corpo permanecese sen sepultar, coa finalidade de verificar periodicamente a existencia de sinais de vida. Con todo, tras a súa morte en 1758, o seu corpo foi embalsamado.
A pesar de que non quedou constancia do método utilizado no embalsamamento, crese que consistiu na substitución do sangue por unha mestura de trementina e vermellón, método chamado embalsamamento arterial. O corpo foi gardado dentro dunha vella caixa de reloxo e almacenado en casa do doutor Charles White, o médico da familia. A aparente excentricidade de Beswick terminou converténdoa nunha celebridade local, especialmente polo feito de que os visitantes puidesen observala na casa de White.
Finalmente o corpo foi legado ao Museo da Sociedade de Historia Natural de Manchester, onde foi exhibido e onde recibiu o alcume de Momia de Manchester ou a momia de Birchin Bower. Posteriormente toda a colección do museo foi transferida á Universidade de Manchester e decidiuse, coa aprobación das autoridades e o bispo, enterrar a Beswick. O acto tivo lugar no cemiterio de Harpurhey o 22 de xullo de 1868, 110 anos despois da súa morte. A tumba na que xacen os seus restos carece de nome ou marca ningunha.
|
Sobre Galicia
|
Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.
|
Tal día coma hoxe no ano...
|
- 1889, nace António de Oliveira Salazar (na imaxe), ditador de Portugal.
- 1937, nace Saddam Hussein, ditador iraquí.
- 1945, Benito Mussolini e a súa amante Clara Petacci son capturados e asasinados por membros do Movemento de Resistencia Italiano cando tentaban fuxir de Italia.
- 1952, morre Manuel Dopazo Gontade, gaiteiro galego.
- 1969, Charles de Gaulle dimite como Presidente de Francia.
- 2003, Apple Computer, lanza iTunes Music Store, vendendo 1 millón de cancións na primeira semana.
|
|
|
Imaxe do día
|
|
Presentación
|
|
Participación
|
|
Comunidade
|
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 144 945 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 270 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
|
|