Portada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Artigo destacado

Georgii Vasilevich Chicherin, nado en Karaul en 1872 e finado en Moscova en 1936, foi un político e revolucionario ruso e ministro soviético de Asuntos Exteriores de 1918 a 1930. Contrario ao réxime tsarista, cooperou primeiro cos socialrevolucionarios antes de facerse socialdemócrata xa no exilio. Bolxevique ao comezo das disputas internas do partido (POSDR), en 1905, tralo fracaso da revolución pasou a militar cos menxeviques. Entre 1907 e 1914, como secretario da Oficina Central no Estranxeiro do POSDR, demostrou ser un crítico acerbo de Lenin e os seus seguidores. Activo nos movementos socialistas de Europa occidental, acabou desilusionado polo conservadorismo e moderación destes e dos menxeviques. Estaba en Francia cando estalou a primeira guerra mundial e, tras pasar por Bélxica, onde residía, fuxiu case inmediatamente a Gran Bretaña para escapar do avance alemán. Tras un pasaxeiro apoio contraditorio á guerra, adoptou unha posición claramente internacionalista, contraria ao conflito. Isto levouno a acercarse de novo aos bolxeviques, que sostiñan unha actitude similar. Pasou a guerra ata 1917 en Gran Bretaña, onde tratou de propagar o internacionalismo antibelicista tanto entre a emigración rusa no país como entre os socialistas británicos. Detido polo Goberno de Londres polas súas actividades contra a guerra, o novo Goberno bolxevique xurdido da Revolución de Outubro logrou a súa liberación a finais de 1917. Regresou a Rusia e foi nomeado primeiro vicecomisario –viceministro– de Asuntos Exteriores e, pouco despois, comisario –ministro–.

Artífice da expansión da Comisaría do Pobo de Asuntos Exteriores soviética ao longo da década de 1920, instrumento da defensa do sistema soviético durante eses anos, labrouse unha excelente reputación como diplomático entre os seus colegas europeos. Combinou con habilidade os intereses tradicionais de Rusia como gran potencia coa defensa do socialismo e do sistema soviético; sen abandonar a meta da extensión do socialismo, propugnou un sistema de relacións pacíficas coas potencias occidentais, ao tempo que trataba de evitar unha alianza destas contra Rusia, enfrontándoas entre elas. Contribuíu notablemente ao afianzamento do Goberno soviético durante o seu longo período á fronte da comisaría, de 1918 a 1930. A pesar de non pertencer ao politburó do PCUS e de non decidir a política exterior da URSS, o seu estilo marcou esta ao longo da década na que encabezou o ministerio. Desde o comezo do seu longo período á fronte do ministerio, forxou unha estreita relación de colaboración con Lenin, que lle permitiu enfrontarse á hostilidade dalgúns membros do partido. Entre 1921 e 1924, logrou que todas as grandes potencias –a excepción dos Estados Unidos– recoñecesen oficialmente ao Goberno soviético. Consideraba a Alemaña clave para a política exterior soviética e acadou a cima da súa carreira diplomática ao asinar con esta en 1922 o Tratado de Rapallo, que puxo fin ao illamento da Unión Soviética entre as potencias e garantiu a neutralidade alemá en caso de conflito con elas. Para Chicherin, a separación de Alemaña do resto de potencias favorecía a seguridade soviética. Denodado opositor do imperialismo británico ao que consideraba o principal inimigo do Goberno soviético, tratou de minar o seu poderío fomentando os movementos nacionalistas anticoloniais en Asia, especialmente tralo fracaso da revolución en Europa a partir de 1923. Suspicaz sobre as intencións dos vencedores da primeira guerra mundial respecto da URSS, preferiu apoiarse en Alemaña e rexeitou a Sociedade de Nacións, á que opuxo unha política de tratados bilaterais de neutralidade e non agresión. Gozou de maior autonomía entre a morte de Lenin en 1924 e o triunfo de Stalin nas disputas internas do Partido Comunista a finais da década de 1920. Apartado da dirección efectiva da política exterior do país desde 1928 tanto pola súa enfermidade como polas súas discrepancias con Stalin, este relevouno á fronte da comisaría en 1930.

Sobre Galicia

Álvaro Patricio Cunqueiro Mora (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e da literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965. Investírono doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela en 1980 e recibiu o Pedrón de Ouro no mesmo ano. Tamén en 1980 apareceu o I volume da súa Obra completa, e postumamente os volumes II (1982) e III (1983). En 1991 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Ao longo da súa vida chegou a usar os seguintes pseudónimos: Al Farish ibn Iaquim Al Galizi, Álvaro Labrada, Ariel García, Benito Moirón, Carlos Sobrado, Cristóbal Xordán, M. Mª Seoane, Manuel da Fonte, Mark Tapley, Patricio Mindonio, Patricio Mor, X. Berenguer, Xusto Cabarcos e Filón o Mozo.

Tal día coma hoxe no ano...

Imaxe do día

Presentación

A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.

O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.

Participación

Podes consultar a Axuda e a Guía para obter máis información de como participar, nas que atoparás información de como comezar a colaborar, editar artigos e usar imaxes libres. En caso de dúbidas síntete libre de preguntar.

Comunidade

De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 142 176 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 287 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
Meta-Wiki
Meta-Wiki

Meta-Wiki
Coordinación

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

Commons
Multimedia

Wiktionary
Wiktionary

Galizionario
Dicionario

Wikibooks
Wikibooks

Galilibros
Libros

Wikisource
Wikisource

Galifontes
Documentos

Wikiquote
Wikiquote

Galicitas
Citas

Wikispecies
Wikispecies

Wikispecies
Especies

Wikinews
Wikinews

Wikinews
Novas

Wikiversity
Wikiversity

Wikiversity
Aprendizaxe

Wikivoyage
Wikivoyage

Wikivoyage
Viaxes

Wikidata
Wikidata

Wikidata
Datos

MediaWiki
MediaWiki

MediaWiki
Desenvolvemento