Ver o State of the Word, a discurso anual realizado polo co-fundador do proxecto WordPress, Matt Mullenweg, gravada o 11 de decembro, en directo desde Madrid.
WordPress: Fai crecer o teu negocio
Crea un lugar para o teu negocio, os teus intereses ou calquera outra cousa coa plataforma de código aberto que move a web.
![](https://webcf.waybackmachine.org/web/20240211092039im_/https://wordpress.org/files/2022/08/Editor.webp)
Sóñao, créao
Iso é o bo de usar bloques. Ve exactamente como se verá o teu sitio en tempo real, incluso mentres engades, editas e reorganizas o teu contido. Crea calquera tipo de sitio personalizado con edición intuitiva, ferramentas de deseño flexibles e potentes características para xestionalo todo.
Dálle estilo ao teu xeito
Deseña calquera cousa que imaxines. Empeza cun lenzo en branco ou elixe entre unha ampla variedade de temas e padróns. Personaliza cada detalle, desde a cor e as fontes ata o deseño e a funcionalidade.
Conecta e amplia
Fai que WordPress faga o que necesites. Engade unha tenda, unha lista de correo, un porfolio, un feed social, analíticas; ti tes o control con máis de 55.000 plugins.
Sé dono do que fas
O teu contido, o teu deseño e os teus datos son sempre teus. Con WordPress eres libre de contar a túa historia, facer crecer a túa marca ou, simplemente, ser só ti.
Crea con confianza
Creado por unha comunidade de código aberto con décadas de experiencia, os seus apaixoados colaboradores comprométense a manter WordPress o máis estable e seguro posible.
Unha plataforma, un universo de posibilidades
Descubre unha colección de exemplos de sitios web de todo o mundo, seleccionados para destacar o fermoso deseño, a innovación técnica e o poder ilimitado de WordPress.
![Logotipo dos Rolling Stone](https://webcf.waybackmachine.org/web/20240211092039im_/https://wordpress.org/files/2023/12/rolling-stone.png)
![Logotipo de Time Magazine](https://webcf.waybackmachine.org/web/20240211092039im_/https://wordpress.org/files/2022/08/Time-Magazine.png)
![Logotipo da NASA](https://webcf.waybackmachine.org/web/20240211092039im_/https://wordpress.org/files/2023/10/NASA-1.png)
![Logotipo de Microsoft](https://webcf.waybackmachine.org/web/20240211092039im_/https://wordpress.org/files/2023/10/Microsoft.png)
![Logotipo de TechCrunch](https://webcf.waybackmachine.org/web/20240211092039im_/https://wordpress.org/files/2023/10/tech-crunch.png)
![Logotipo de Harvard](https://webcf.waybackmachine.org/web/20240211092039im_/https://wordpress.org/files/2023/10/Harvard.png)
![](https://webcf.waybackmachine.org/web/20240211092039im_/https://wordpress.org/files/2023/10/showcase-top-row-full.png)
![](https://webcf.waybackmachine.org/web/20240211092039im_/https://wordpress.org/files/2023/10/showcase-middle-row.png)
![](https://webcf.waybackmachine.org/web/20240211092039im_/https://wordpress.org/files/2023/10/showcase-bottom-row.png)
Crea para ti,
pero non en soidade
Tanto se eres un emprendedor, un desenvolvedor profesional ou un blogueiro novato, tes á túa disposición unha biblioteca de recursos e ferramentas de aprendizaxe. Ademais, tes a toda a comunidade de WordPress ao teu lado.
![Unha vista de paxaro en branco e negro dos miles de colaboradores que asistiron a WordCamp Europa 2022. Todos eles de pé fronte ao recinto coas mans en alto en sinal de celebración.](https://webcf.waybackmachine.org/web/20240211092039im_/https://wordpress.org/files/2022/10/community-photo-2-q50-unscaled.webp)
A comunidade en esencia
Detrás da tecnoloxía hai un colectivo diverso de persoas que colaboran en todo o mundo. Únenos o espíritu do código aberto e a liberdade de construír, transformar e compartir sen barreiras.
Desde escribir código e realizar probas, ata colaborar coa comunidade e traducir, hai moitas formas de contribuír e todo o mundo é benvido. Construamos xuntos o futuro da web.
Primeiros pasos
Encontra todo o que necesitas para empezar, descargar a plataforma, encontrar aloxamento e moito máis, tanto se é o teu primeiro sitio como se é o nonaxésimo primeiro.