As chinches das camas son insectosparasitos da familia dos cimícidos (Cimicidae), que se alimentan exclusivamente de sangue. Cimex lectularius é a chinche das camas común e a especie máis coñecida que prefire alimentarse de sangue humano. O hábitat preferido de Cimex lectularius son as casas quentes e especialmente os dormitorios, zonas preto das camas ou dentro delas.
As chinches das camas levan sendo parasitos do ser humano desde hai miles de anos. A inicios da década de 1940 estaban case erradicados no mundo desenvolvido, pero foron incrementando a súa prevalencia desde 1995, probablemente debido á resistencia aos pesticidas que adquiriron, á prohibición legal do uso dalgúns pesticidas efectivos e ás viaxes internacionais.
O castelo constaba dunha torre interior amurallada, con defensas exteriores de forma poligonal, rodeada dun foxo profundo. Arestora o estado de conservación é de abandono e só se conservan parte das defensas exteriores, que son de forma redondeada, moi raras en Galicia. Con todo, nuns puntos conserva uns 18 metros de altura sobre do terreo exterior a cerca, na que se aprecian entre as ruínas os muros divisorios e a entrada do castelo. A torre da homenaxe era moito máis alta cás murallas e probablemente estivese almenada. Os muros teñen un grosor medio de 2,5 m. O groso da cerca é duns 2,60 m e é de cachotería de lousa.
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 134 136 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 293 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.