YouTube
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2021.) |
YouTube | |
---|---|
Tipo | Servizo de aloxamento de vídeos, buscador, filial, sitio web e medio de comunicación de masas |
Fundación | 14 de febreiro de 2005 |
Matriz | |
Fundador | Steve Chen Chad Hurley Jawed Karim |
Número de empregados | 3000 (2021) |
Na rede | |
https://www.youtube.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Características[editar | editar a fonte]
YouTube utiliza un formato Macromedia Flash para servir os seus contidos. É moi popular, do mesmo xeito que o é Google Video, debido á posibilidade que ten calquera de abeirar os seus vídeos e, especialmente, porque ao usar un sistema de palabras chave, ao igual ca Flickr ou Technorati, permite localizar contidos de forma sinxela. YouTube contén unha ampla variedade de retrincos de filmes e programas de televisión, vídeos musicais e vídeos caseiros. Malia que as regras do YouTube ditan que non está permitido publicar vídeos con copyright, hai material propietario ás mancheas. As ligazóns a vídeos de YouTube poden ser tamén aloxadas en blogs e webs persoais utilizando APIs.
Uso e operacións[editar | editar a fonte]
En xuño de 2005, 95.000 vídeos novos se soben a YouTube todos os días. O total de vídeos que se descargan diariamente estimouse en 80 millóns e o número total de vídeos alí abeirados debe situarse nos 100 millóns.
Pódense publicar vídeos mediante un rexistro gratuíto. Para protexer a difusión comercial doutros produtos audiovisuais, o límite do tempo fixado é de 40 minutos por vídeo, cun tamaño máximo de 100 megas.
A empresa[editar | editar a fonte]
YouTube é unha empresa pequena, con só 50 empregados e catro persoas máis en prácticas da Universidade Stanford contratados como censores para avaliar vídeos que os usuarios riscaron como "ofensivos". A oficina de YouTube atópase en San Bruno, California.
Críticas[editar | editar a fonte]
Calidade de vídeo[editar | editar a fonte]
Ao igual que sucede con Google Video e noutras páxinas de vídeos, hai abondosas queixas sobre a calidade. Un problema relativamente frecuente é que, nalgúns fragmentos, o son e o vídeo non están ben sincronizados.
Copias de seguridade[editar | editar a fonte]
Para evitar copias dos arquivos de vídeo, estes distribúense en formato Macromedia Flash, o que lles impide aos usuarios facer copias dixitais doadamente.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: YouTube |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- Life in a Day, un filme documental creado polos usuarios de YouTube de todo o mundo.