Gonzalo Iglesias Sueiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gonzalo Iglesias Sueiro
Nacemento1948
Lugar de nacementoOurense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
IrmánsCarmen Iglesias Sueiro
editar datos en Wikidata ]

Gonzalo Iglesias Sueiro, nado en Ourense en 1948, é un mestre e político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia de represaliados de esquerdas que rexentaban unha escola privada na cidade de Ourense. Estudou Maxisterio e traballou como mestre en Aneja, Ourense, Santander, Trasmiras, no CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia, do que foi director, e no IES de Xinxo de Limia.

Militou no PCG até 1985, e despois incorporouse ao PSOE. Nas eleccións municipais de 1999 presentouse encabezando a lista do PSdeG e foi elixido alcalde de Xinzo de Limia tras un pacto co BNG e con CG. Foi delegado provincial de Educación en Ourense (2005-2009)[1].


Predecesor:
Ramón de la Fuente Galván
 Escudo de Xinzo de Limia.svg
Alcalde de Xinzo de Limia
 
1999 - 2001
Sucesor:
José Antonio Feijoo Alonso

Obras[editar | editar a fonte]

  • Reflexións, 2010.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É irmán de Carmen Iglesias Sueiro, quen fora deputada no Parlamento de Galicia.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]