ARD

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ARD
Logo
ARD-Hauptstadtstudio (aus Nordwesten).jpg
Tipodifusora
Data de fundación5 de xuño de 1950
Presidente/aTom Buhrow (en) Traducir (2022-)
Organización subsidiariaDeutsche Welle, Bayerischer Rundfunk, Südwestrundfunk e Westdeutscher Rundfunk
Premiossen etiquetar
SedeStuttgart
PaísAlemaña
Na rede
http://www.ard.de/
Twitter: ardde Youtube: UCqmQ1b96-PNH4coqgHTuTlA Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

ARD, siglas de Arbeitsgemeinschaft der öffentlich-rechtlichen Rundfunkanstalten der Bundesrepublik Deutschland (en galego: "Consorcio de institucións públicas de radiodifusión da República Federal de Alemaña"), é unha organización conxunta de empresas de radiodifusión públicas rexionais de Alemaña. Fundada na Alemaña Occidental en 1950 para representar os intereses comúns dos novos e descentralizados servizos de radiodifusión da posguerra, e en particular, para a introdución dunha rede de televisión conxunta. A ARD é un dos membros fundadores da Unión Europea de Radiodifusión.

As diferentes institucións que forman a ARD son: BR, HR, NDR, Radio Bremen, RBB, SR, SWR e WDR, así coma a cadea internacional Deutsche Welle. ARD opera 54 estacións de redes rexionais e locais, dúas cadeas de radio nacionais, e sete redes de televisión rexionais, algunhas das cales emiten programación diferenciada durante certas horas do día.

Servizos da ARD[editar | editar a fonte]

Radio[editar | editar a fonte]

As estacións membros da ARD regulan a súa propia programación de radio. Algunhas colaboran para os servizos comúns de radio. A maioría das estacións da ARD teñen polo menos unha cadea de noticias, unha de música clásica, unha para a mocidade e un cultural. Durante a noite algunhas descansan na programación nocturna común, producida por un sistema de rotación entre as mesmas estacións. Hai tres servizos nocturnos comúns: Nachtexpress/Radiowecker (música lixeira), Nachtkonzert (música clásica) e Popnacht (música pop). Moitos dos servizos están na FM, aínda que outros tamén están dispoñibles vía dixital.

A rede que ten unha cobertura nacional é a DeutschlandRadio. Porén, DeutschlandRadio non é un membro exclusivo da ARD, senón que é controlada pola ARD e a ZDF. DeutschlandRadio ofrece dous servizos de radio: DeutschlandFunk (DLF), un servizo de novas, e DeutschlandRadio Kultur, un servizo de música. A radio internacional Deutsche Welle transmite en onda curta, aínda que a súa transmisión pode ser recibida vía satélite e internet.

Televisión[editar | editar a fonte]

As principais cadeas de televisión da ARD son Das Erste, que é nacional, e sete cadeas rexionais operadas por diferentes axencias radiodifusoras locais. Estas cadeas estaban dispoñibles nos transmisores análogos terrestres ata que os transmisores análogos comezáronse a apagar no ano 2003. Das Erste e as terceiras cadeas, como as estacións de radio, fináncianse na súa maior parte a través de impostos específicos.

Das Erste transmite a nivel nacional as 24 horas do día, excepto por "Morgenmagazine" (un programa matutino que tamén se emite simultaneamente en ZDF de 05:30 a 9:00) e por 2 horas e media de programación rexional provista polas estacións membros na tarde.

Os respectivos membros rexionais operan unha cadea rexional propia, "die Dritten", os "Terceiros Canles". Estes son:

As cadeas rexionais tamén teñen a opción de desencadenarse durante certas horas. As emisoras pequenas, como Radio Bremen e Saarländischer Rundfunk non teñen unha terceira cadea de televisión, senón que colaboran con NDR e SWR, respectivamente.

ARD tamén está envolta en diversas cadeas de investimento conxunto:

  • 3sat, unha cadea cultural con ZDF, ORF e SRG
  • KI.KA, unha estación infantil con ZDF
  • Arte, unha cadea cultural franco-alemán
  • Phoenix con ZDF

A emisora internacional Deutsche Welle tamén produce servizos de televisión; porén só están dispoñibles mediante satélite.

ARD engadiu tres cadeas adicionais como parte do seu paquete ARD Dixital:: EinsPlus, EinsExtra e EinsFestival.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]