Cegoñas (filme)
Cegoñas | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Storks |
Director | |
Produtor |
|
Guión | Nicholas Stoller |
Intérpretes | |
Música | |
Fotografía | Simon Dunsdon |
Montaxe | John Venzon |
Estudio | Warner Animation Group[1] RatPac-Dune Entertainment[1] Stoller Global Solutions Lord Miller Productions |
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | Regency Village Theater: 17 de setembro de 2016 23 de setembro de 2016 1 de xaneiro de 2022 (TVG) |
Duración | 87 minutos[2] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Animación e infantil |
Orzamento | 70 millóns de dólares[2] |
Recadación | 183,4 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
http://www.storksmovie.com/ | |
|
Cegoñas (en inglés: Storks) é un filme estadounidense de 2016 producido por Warner Animation Group e distribuído por Warner Bros. Foi dirixido por Nicholas Stoller e Doug Sweetland, escrito por Stoller e está protagonizado polas voces de Andy Samberg, Katie Crown, Kelsey Grammer, Jennifer Aniston, Ty Burrell, Keegan-Michael Key, Jordan Peele, Stephen Kramer Glickman e Danny Trejo.
O filme conta a historia dunha cegoña (Junior) e a súa compañeira humana (Tulip), que traballan no centro de distribución dunha enorme tenda en liña, Cornerstore.com, situada no alto das montañas. Despois de que un neno envía unha carta á empresa, os dous crean accidentalmente unha bebé usando a desaparecida fábrica de bebés que as cegoñas usaran anteriormente no seu negocio orixinal de facer entregas de bebés. Co fin de protexer ao bebé do xerente da empresa e garantir o ascenso de Junior para sucederlo, os dous emprenden unha viaxe para entregar o bebé á familia do neno.
Cegoñas estreouse nos Ánxeles o 17 de setembro de 2016, e estreouse seis días despois en 3D, IMAX e formatos convencionais.[3] O filme recibiu críticas dispares por parte da crítica, que eloxiou a animación, o humor e a actuación de voz, mais criticaron o guión. Gañou 183 millóns de dólares en todo o mundo fronte a un orzamento de 70 millóns de dólares.
Estreouse en galego o 1 de xaneiro de 2022 a través da TVG,[4] e foi traducido por Andrea Ucha Bouzada.[5]
Personaxes[editar | editar a fonte]
- Andy Samberg como Junior
- Voz da dobraxe galega de Óscar Fernández.[5]
- Katie Crown como Tulip
- Kelsey Grammer como Hunter
- Jennifer Aniston como Sarah Gardner
- Ty Burrell como Henry Gardner
- Anton Starkman como Nate Gardner
- Keegan-Michael Key como Alpha
- Jordan Peele como Beta
- Danny Trejo como Jasper
- Stephen Kramer Glickman como Pigeon Toady
- Christopher Nicholas Smith como Dougland
- Awkwafina como Quail
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Rechtshaffen, Michael (20 de setembro de 2016). "'Storks': Film Review". The Hollywood Reporter. Consultado o 20 de setembro de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Storks (2016)". Box Office Mojo. Consultado o 2 de xullo de 2018.
- ↑ "Storks". IMAX. Consultado o 19 de outubro de 2016.
- ↑ @manuelarcatrad (ed.). "Cegoñas na TVG". Consultado o 28 de abril de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 @Cinemarfilms (ed.). "Dobraxe de Cegoñas na TVG". Consultado o 28 de abril de 2022.