Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter

Shanghai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 31°12′N 121°30′L / 31.200, -121.500

Shanghai
上海
Shanghai montage.png
Imaxes da cidade
Localización
Shanghai in China (+all claims hatched).svg
PaísRepública Popular da China República Popular da China
División administrativa16 distritos, 1 condado
Vila210 vilas e subdistritos
Xeografía
Altitude4 msnm
Superficie6.340,5 km²
Demografía
Poboación23.710.000 hab. (2012)
Densidade3.700 hab/km²
Outros datos
Código postal200000–202100
AlcaldeYang Xiong
Páxina oficial de Shanghai
Vista do Bund dende a torre Jing Mao.

Shanghai, ás veces escrito como Xangai[1][2]  (en chinés: 上海; pinyin: ShànghǎiTradución: “Sobre o mar”), é unha das maiores cidades da República Popular da China[3][4] e do mundo por poboación.[5] É un dos catro municipios directamente controlados da China, cunha poboación total de 23 millóns de persoas. É un importante centro financeiro,[6] e un centro do transporte por abeirar o meirande porto de contedores do mundo.[7]. Está situada no litoral do océano Pacífico, na boca do delta do Yangtzé, a beira dun brazo deste, o río Huangpu.

Localizada no delta do río Yangtzé na China oriental, Shanghai sitúase na boca do río Yangtzé na parte media da costa chinesa. O concello fai fronteira coas provincias de Jiangsu e Zhejiang polo norte, sur e oeste, e polo leste limita co mar da China Oriental.[8]

Durante séculos, foi unha vila administrativa, de pesca e de comercio. A súa importancia medrou no século XIX debido ó recoñecemento europeo do seu potencial económico e da localización estratéxica do seu porto. A cidade foi aberta en numerosas ocasións ó comercio cos estranxeiros após a vitoria británica na Primeira Guerra do Opio e o subsecuente Tratado de Nanjing de 1842, que permitiu o establecemento da "Concesión Internacional de Shanghai". A cidade floreceu como centro do comercio entre oriente e occidente, e converteuse o indiscutible motor financeiro da Asia do pacífico durante os anos 1930.[9] Porén, coa chegada ó poder do Partido Comunista en 1949, o comercio foi reorientado cara os países socialista, e influencia global da cidade minguou. Na década de 1990, as reformas económicas introducidas por Deng Xiaoping deviron nun intenso crecemento da cidade, que permitiu o retorno de investimentos foráneos á cidade.[10]

Shanghai é un popular destino turístico, famoso polo seu patrimonio histórico como o Bund, o Templo Cidade de Deus e o Xardín Yu, así como a arquitectura de Lujiazui, o Museo de Shanghai e o Museo de Arte da China. Foi descrita como a "obra mestra" da puxante economía da China.[11][12]

Política[editar | editar a fonte]

Administrativamente, o municipio de Shanghai é un dos catro na China que ten estatuto de provincia. É gobernada directamente dende o executivo estatal.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia urbana de Shanghai.

A historia de Shanghai pode ser trazada ata o século XI. Tornouse un centro económico importante en 1842, coa abertura do porto aos estranxeiros. Foi criada unha zona internacional que funcionou á parte do resto da cidade ata 1941, data da ocupación xaponesa.

A súa importancia comezou a mediados do dezanove, ao abrirse China ao comercio exterior a través do seu porto, elixido pola súa estratéxica posición no Mar do Leste da China cara ao Pacífico.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Cidades irmás[editar | editar a fonte]

Shanghai está irmandada coas seguintes cidades:

Puntos de interese[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pautas para un correcto uso da linguaxe" (PDF). Universidade de Vigo. Consultado o 4 de setembro de 2016. 
  2. González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. Galinova Editorial. ISBN 978-8497370417. 
  3. Chan, Kam Wing (2007). "Misconceptions and Complexities in the Study of China's Cities: Definitions, Statistics, and Implications" (PDF). Eurasian Geography and Economics 48 (4). pp. 383–412. doi:10.2747/1538-7216.48.4.383. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de xaneiro de 2013. Consultado o 13 de setembro de 2011. , p. 395.
  4. University of Southern California (ed.). "What are China's largest and richest cities?". Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2013. Consultado o 25 de novembro de 2013. 
  5. Geohive (ed.). "Cities: largest (without surrounding suburban areas)". Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2016. Consultado o 13 de setembro 2011. 
  6. "The Competitive Position of London as a Global Financial Centre" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de novembro de 2013. Consultado o 25 de novembro de 2013. 
  7. "Top 50 World Container Ports". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2012. Consultado o 25 de novembro de 2013. 
  8. Shanghai Municipal Government (ed.). "Geographic Location". Basic Facts. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2012. Consultado o 14 de setembro de 2011. 
  9. Scott Tong (outubro de 2009). Hong Kong Journal, ed. "Shanghai: Global financial center? Aspirations and reality, and implications for Hong Kong" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 17 de outubro de 2011. 
  10. Shanghai.gov.cn, ed. (27 de maio de 1949). "Historic Transformation". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2012. Consultado o 11 de decembro de 2011. 
  11. Hunt, Katie (21 de maio de 2008). BBC News, ed. "Shanghai: China's capitalist showpiece". Consultado o 7 de agosto de 2008. 
  12. The Hindu Business Line, ed. (27 de xaneiro de 2003). "Of Shanghai... and Suzhou". Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2005. Consultado o 20 de marzo de 2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Danielson, Eric N. (2010). Marshall Cavendish, ed. Discover Shanghai. Singapur. 
  • Danielson, Eric N. (2004). Marshall Cavendish/Times Editions, ed. Shanghai and the Yangzi Delta. Singapur. ISBN 9812325972. 
  • Elvin, Mark (1977). Stanford University Press, ed. "Market Towns and Waterways: The County of Shanghai from 1480 to 1910," in The City in Late Imperial China, ed. by G. William Skinner. Stanford. 
  • Johnson, Linda Cooke (1995). Stanford University Press, ed. Shanghai: From Market Town to Treaty Port. Stanford. 
  • Johnson, Linda Cooke (1993). State University of New York (SUNY), ed. Cities of Jiangnan in Late Imperial China. Albany. ISBN 0-7914-1424-8. 
  • Horesh, Niv (2009). Yale University Press, ed. Shanghai's Bund and Beyond. New Haven. 
  • Erh,Deke and Johnston, Tess (2007). Old China Hand Press, ed. Shanghai Art Deco. Hong Kong. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]