GALPon dalle a Benvida a www.andaluh.es

Título preliminâh del Êttatuto de Autononía de Andalucía, Articulo 10.3.:

“La Comunidá Autónoma, en defença del interêh henerâh, eherçerá çû poderê con lô çigientê ôhhetibô báçicô: La defença, promoçión, êttudio y prêttihio de la modalidá linguíttica andaluça en toâ çû bariedadê.”

A partires desta premisa, o grupo AndaluGeeks (no twitter @andalugeeks) desenvolveu a web www.andaluh.es na que disporán ao público en xeral o seu traballo, desenvolvido sempre como software libre e de estándares abertos e publicado nun repositorio Git.

No día de Andalucía (28 de febreiro) presentan este proxecto que, polo de agora, incorpora un transcritor de andaluz, para aquela xente que necesite ou desexe empregar a modalidade lingüística que lles é de seu.

Sobre os traballos futuros, apuntan que teñen no seu portafolios de proxectos un dicionario de consulta ortográfica, un teclado andaluz EPA, un aplicativo móbil de texto predictivo EPA e unha plataforma de TV en liña en colaboración co Instituto Almenara. En resumo, a web www.andaluh.es será unha plataforma para:

  • Acceder e usar a primeira versión estábel do Trâccrîttôh Andalûh EPA.
  • Acceder ao código fonte do software para que outras desenvolvedoras o usen nos seus propios proxectos.
  • Informarte sobre os proxectos presentes e futuros do colectivo.
  • Unirte a proxectos de AndaluGeeks como colaboradora.
  • Propoñer novos proxectos a AndaluGeeks.

Dende GALPon desexámoslle un gran futuro.

Benvidos!