QUEN SOMOS

Promocionamos o software libre como ferramenta de progreso para galicia

Agasol é unha iniciativa de empresas galegas de software libre que se agrupan nunha asociación non só para acadar maiores oportunidades de negocio, senón tamén para acadar unha maior interlocución entre o sector e outros axentes da economía, da administración e da sociedade. Ademáis, procuramos un modelo de sociedade do coñocemento no que resulte clave a liberdade para mellorar os programas infromáticos e facer públicos e accesibles ese progresos.

PROMOCIÓN

Promocionar o Software Libre como ferramenta válida para desenvolver a sociedade da información en Galicia.

INTERLOCUCIÓN

Ante a Administración Pública galega para apoiala e asesorala no proceso de migración e implantación de Software Libre e estándares abertos.

COLABORACIÓN

Fomentar e organizar a colaboración entre as suas empresas asociadas, de maneira que poidan facilitarse e xerarse novas oportunidades de negocio.

PRODUCTOS E SERVIZOS

ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

A e-administración ou administración electrónica refire calquera mecanismo que transforma as oficinas tradicionais en procesos electrónicos.

COMERCIO ELECTRÓNICO

Calquera forma de transacción ou intercambio de información comercial baseada na transmisión de datos sobre redes de comunicación.

FIREWALL CORPORATIVO

Os firewalls corporativos permiten aumentar a velocidade de navegación e protexer os accesos indebidos á nosa información.

FORMACIÓN EN LIÑA

Sistema de educación electrónico ou a distancia no que se integra o uso das TIC e outros elementos para a formación, capacitación e ensino dos usuarios.

INFRAESTRUTURA INFORMÁTICA

Por xestión de infraestruturas de sistemas inclúense dende o deseño inicial ata o mantemento, soporte e administración de sistemas.

LOCALIZACIÓN SOFTWARE (L10n)

Proceso de adaptación do software a unha rexión xeográfica, engadindo os compoñentes específicos de configuración rexional e traducindo os textos.

PLANIFICACIÓN DE RECURSOS EMPRESA

Sistemas que integran e automatizan as prácticas de negocio asociadas cos aspectos operativos ou produtivos dunha empresa.

REDES SOCIAIS

Redes que teñen como obxectivo relacionarse con amigos e familiares, ou enriquecer as experiencias profesionais e atopar colaboradores.

SISTEMAS DE INFORMACIÓN XEOGRÁFICA (SIX)

Tecnología formada polo hardware e software orientado á xestión de información xeográfica e espacial.

XESTIÓN DOCUMENTAL DA EMPRESA (ECM)

Estratexias e tecnoloxías empregadas na industria das TIC para manexar documentos e contidos.

XESTIÓN DE CONTIDOS

Un sistema de xestión de contidos (CMS) permite crear unha estrutura de soporte para a creación e administración de contidos en páxinas web por parte dos usuarios.

XESTIÓN DEPORTIVA E CULTURAL

Software de xestión centralizado que permite integrar todos os Centros de Xestión xestionados por unha mesma entidade ou empresa de servizos.

XERAMOS NEGOCIO PARA AS EMPRESAS QUE APOSTAN POLO SOFTWARE LIBRE

SOFTWARE LIBRE

O software libre é unha aposta pola independencia tecnolóxica, polo coñecemento xerado por compartir tecnoloxía, unha garantía de operatividade e soporte a longo prazo porque a persoa desenvolvedora non ten a necesidade de converter en obsoletos os seus produtos para dar continuidade a unha espiral comercial.

PROXECTOS

BOTA UNHA OLLADA A ALGÚNS DOS NOSOS PROXECTOS REALIZADOS

Corcubión

Cidadanía

Estrella Galicia

San Brandán

NOVAS

Menú