Destacado

Primeira reunión do equipo de tradución WordPress Galicia. Únete a nos.

Pontevedra WordCamp rematou, dous días de formación e comunidade, noraboa a organización, patrocinadores e voluntarios. Aproveitando a Mesa de Traducións do Contributor Day, da primeira WordCamp de Galicia, fixemos a primeira reunión de tradución de WordPress o galego, Que mellor momento que este!!

O rematar fixemos foto de grupo, non estamos todos, alguns tiveron que sair un pouco antes. (Prometemos tentar facela antes, na próxima reunión)

Primeira reunión do equipo de tradución WordPress Galicia. Únete a nos.

Nesta primeira reunion,asistiron: Carlos Macías, Carlos Longarela, Daniel Ledo, Lhosca Arias, Manuel Lois, María Fosado, María Sierra, Antón Méixome, María Saez, Óscar Aguado, Óscar Abad, Antonio Sangiao, Pilar Mera e eu mesmo, que xa me olvidaba, (Víctor Quesada).

Agradecer a organización do WordCamp Pontevedra a sua colaboración e a todos os que se acercaron a mesa para contribuir de forma totalmente voluntaria para garantir que esta plataforma e o maior número dos seus plugins e temas esté dispoñible para todos en galego.

Coa tua axuda, aspiramos a crear un equipo ainda maior, para axudar a crecer e mellorar, a biblioteca de recursos en galego para WordPress.

Como coordinador xeral da tradución o galego, agradecer a todos, a participación, enerxía e  entusiasmo amosados, e invitarvos a manternos en contacto para continuar avanzando nesta labor.

Algunha vez viches un  plugin en inglés ou español, e gustaríache telo en galego?

Se queres contactar con alguén da comunidade e participar activamente na tradución ao galego? ou avisar dalgunha tradución? Únete ao noso Slack seguindo estas indicacions, ou usa o noso formulario de contacto. E empezarás a formar parte do presente e futuro de WordPress.

Destacado

Cómo unirse ao Slack de WordPress Galicia

A comunidade de  WordPress en España usa  Slack para toda a comunicación interna. Grazas a esta ferramenta, os equipos de Traducións,  Core, Meetups ou WordCamps pódense coordinar dunha maneira áxil e colaborativa. Aproveitando a súa experiencia e  xenerosidade , durante a WordCamp Pontevedra ( A primeira #WordCamp en Galicia!) creamos unha canle para coordinar a tradución ao galego de WordPress.

O acceso é libre e de balde; para iso seguiremos os seguintes pasos (tal e como nos explican en WordPress España):

  1. Ter unha conta nos foros de soporte de  WordPress.org. Se non a tes pódela rexistrar aquí.
  2. Ao ter unha conta de  WordPress.org, automáticamente teras un enderezo electrónico do estilo [email protected] no teu perfil.
  3. Rexistra a conta en  Slack a través desta ligazón introducindo o teu nome de usuario de  WordPress.org.
  4. Inicia sesión en  wpes.slack.com e instala as apps en todos os teus dispositivos.
  5. Vémonos no Slack!

Se o precisas, aquí tes máis información sobre Como colaborar co equipo de tradución a galego

Lembra: O  SLACK NON É PARA SOPORTE, todo o relacionado con soporte realízase nos foros da comunidade (en español, polo momento non temos soporte en galego)

WordPress 5.9.1 – Actualización de mantemento

Xa está dispoñible WordPress 5.9.1!

Esta actualización de mantemento inclúe a corrección de 82 erros tanto no núcleo como no editor de bloques.

WordPress 5.9.1 é unha actualización de mantemento de ciclo curto. A seguinte actualización maior será a versión 6.0.

Podes descargar WordPress 5.9.1 desde WordPress.org, ou visitar o teu Escritorio → Actualizacións e facer clic en «Actualizar agora».

Se tes sitios compatibles con actualizacións automáticas en segundo plano xa empezamos o proceso de actualización.

WordPress 5.9

Presentamos a versión 5.9, Joséphine. Chamada así en honra á aclamada cantante internacional de jazz Joséphine Baker, esta última e máis versátil versión de WordPress xa está aquí: descárgaa ou actualízaa directamente desde o teu escritorio.

Xa está aquí a edición completa do sitio

Dáche o control de todo o teu sitio, directamente na administración de WordPress.

Saúda a Twenty Twenty- Two

O primeiro tema de bloques por defecto na historia de WordPress. Isto é máis que só un novo tema por defecto. É unha nova forma de traballar cos temas para WordPress.

Os temas de bloques poñen nas túas mans unha ampla gama de opcións visuais, desde esquemas de cor e combinacións de tipos de letra, ata persoais de páxina e filtros de imaxes — Todo xunto na interface de edición do sitio. Ao realizar cambios nun lugar, podes darlle a Twenty Twenty- Two a mesma aparencia que a túa marca ou a doutras webs — Ou levar a aparencia do teu sitio noutra dirección.

Xa tes dispoñible o tema Twenty Twenty- Two. Vén instalado con WordPress 5.9 e atoparalo cos teus outros temas instalados.

WordPress 5.8.1 – Actualización de seguridade e mantemento

Esta versión de seguridade e mantemento contén 60 correccións a fallos, ademais de 3 correccións de seguridade. Dado que é unha actualización de seguridade, recoméndase que actualices os teus sitios inmediatamente. Todas as versións desde WordPress 5.4 actualizáronse tamén.

Podes descargar WordPress 5.8.1 desde gl.WordPress.org ou visitar o teu Escritorio → Actualizacións e facer clic en Actualizar agora.

WordPress 5.7.1 actualización de seguridade e mantemento

Hoxe, liberouse unha actualización de seguridade e mantemento que corrixe 2 vulnerabilidades e 26 erros.

Entre as vulnerabilidades atópanse:

  • Vulnerabilidade XXE na biblioteca de medios que afecta a PHP8.
  • Vulnerabilidade de exposición de datos na API REST.


É necesario aplicar esta actualización desde a versión WordPress 4.7.

Os sitios que teñen actualizacións automáticas en segundo plano xa se están actualizando sen necesidade de realizar ningunha acción. Pola contra, accede ao teu panel admin e actualiza manualmente canto antes.

Ingresa a WordPress 5.7

Con esta nova versión, o editor limpa as cores e axúdache a traballar nalgúns lugares nos que antes non podías, polo menos, non sen entrar no código ou contratar a un profesional. Os controis que máis usas, como o cambio de tamaño de letra, atópanse en máis lugares, xusto onde os necesitas. E os cambios de deseño que deberían ser simples, como imaxes de altura completa, vólvense aínda máis simples de realizar.

Agora o editor é máis fácil de usar

Axuste do tamaño de fonte en máis lugares: agora, os controis de tamaño de fonte están xusto onde os necesitas nos bloques de Lista e Código. Non haras máis viaxes a outra pantalla para facer ese sinxelo cambio!

Bloques reutilizables: varias melloras fan que os bloques reutilizables sexan máis estables e fáciles de usar. E agora gárdanse automaticamente coa entrada cando fas clic no botón Actualizar.

Insertador de arrastrar e soltar: arrastra bloques e patróns de bloque desde o insertador directamente á túa entrada.

Podes facer máis sen escribir código personalizado

Aliñación de altura completa: algunha vez quixeches facer que un bloque, como o bloque Cuberta, ocupe toda a xanela? Agora podes.

Bloque de botóns: Agora podes elixir un deseño vertical ou horizontal. E podes establecer o ancho dun botón a unha porcentaxe preestablecida.

Bloque de iconas sociais: agora podes cambiar o tamaño das iconas.

De HTTP a HTTPS nun só clic

A partir de agora, cambiar un sitio de HTTP a HTTPS é un movemento dun só clic. WordPress actualizará automaticamente as URL da base de datos cando realice o cambio. Non máis cazar e adiviñar!

Esta versión de WordPress está dispoñible para descarga ou actualización no teu escritorio.

WordPress 5.6.2 – Actualización de mantemento

Xa está dispoñible WordPress 5.6.2!

Esta actualización de mantemento inclúe 5 correccións a fallos. Estes fallos afectan á versión 5.6.1 de WordPress, así que quererás actualizar.

Podes descargar WordPress 5.6.2 directamente ou visitar a pantalla de Escritorio → Actualizacións e facer clic en Actualizar agora. Se os teus sitios son compatibles coas actualizacións en segundo plano xa empezarían o proceso de actualización.

WordPress 5.6

Compartir as túas historias nunca foi tan fácil

WordPress 5.6 ofréceche incontables formas de liberar as túas ideas e darlles vida. Cun tema por defecto totalmente novo como o teu lenzo, é compatible cunha colección de bloques cada vez máis grande como pinceis. Pinta con palabras. Imaxes. Son. Ou medios enriquecidos incrustados.

Esta última e mellor versión de WordPress está dispoñible para descarga ou actualización no teu escritorio.