Maio
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
<< | Maio | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 | |||||
2022 Todos os días |
Maio é o quinto mes do ano no calendario gregoriano e ten 31 días. O seu nome atribúese á deusa romana Maia ou á deusa romana Bona Dea, cuxo festival se celebraba neste mes.
Acontecementos en maio[editar | editar a fonte]
- 1 de maio: Día internacional dos traballadores, festivo na maior parte dos países do mundo.
- 2 de maio: Sublevamento do 2 de Maio, en Madrid.
- Nos primeiros días de maio (1 ou 3) celébrase a festas dos maios.
- 17 de maio: Día das Letras Galegas, conmemorando a data de 1863 no que fora a primeira edición do libro Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.
Maio na cultura popular[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Maio na cultura popular galega.
- Ata o corenta de maio non sáque-lo saio.
- Auga en maio, pan todo o ano.
- Día tras día, maio chega.
- En maio, de meu me caio, xa coa maiola, xa co traballo.
- En maio, inda a vella queima o tallo.
- Maio fai o trigo, e agosto o viño.
- Maio longo, San Xoán redondo.
- Maio me molla, maio me enxuga, maio me bota na sepultura.
- Maio pardo, San Xoán claro.
- O percebe e o salmón, en maio están en sazón.
- O que en maio se molla, en maio se enxuga.
- O touro, o galo, a troita e o barbo, no mes de maio.
- Tras de maio vén San Xoán.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Maio |