A tempestade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A tempestade
First-page-first-folio-tempest.jpg
Primeira páxina da edición publicada en 1623.
Título orixinalThe Tempest
Autor/aWilliam Shakespeare
OrixeInglaterra
LinguaInglés
ColecciónClásicos universais (Galaxia)
Tema(s)Comedia
Xénero(s)Teatro
EditorialGalicia Editorial Galaxia
Data de pub.Galicia 2003
Páxinas217
ISBN84-8288-624-X
TraduciónMiguel Pérez Romero
editar datos en Wikidata ]

A tempestade[1] (en inglés: The Tempest) é unha obra de teatro de William Shakespeare, probablemente escrita arredor dos anos 1610 ou 1611, e crese que foi unha das últimas obras que Shakespeare escribiu só. Logo da primeira escena, que ten lugar nun barco no medio do mar durante unha tempestade, o resto da historia está ambientada nunha illa remota, onde o bruxo Prospero, unha personaxe complexa e contraditoria, vive coa súa filla Miranda, e os seus dous servos: Caliban, unha figura salvaxe e monstrosa, e Ariel, un espírito. A obra contén música e cancións que evocan o espírito de encantamento da illa. Explora temas como a maxia,a traizón, a vinganza e a familia. No acto catro, unha voda enmascarada serve para facer unha obra dentro da obra, e contribúe no espectáculo, na alegoría e nunha linguaxe elevada. Malia que A tempestade é clasificada en First Folio como a primeira das comedias de Shakespeare, contén á vez temas tráxicos e cómicos, e a crítica moderna creou unha categoría de romance para esta e outras das últimas obras de Shakespeare. A tempestade foi suxeito de diversas interpretacións, entre as cales están os que a consideran unha fábulo da arte e da creación, con Prospero representando a Shakespeare, e a renuncia de Prospero á maxia como a despedida de Shakespeare dos escenarios. Tamén hai quen interpreta que é unha alegoría do colonizador europeo na conquista de terras estranxeiras.

Foi traducido ó galego por Miguel Pérez Romero e foi publicado pola Editorial Galaxia no ano 2003.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]