Artigo destacado
|
A historia da moeda do Tíbet remóntase á Antigüidade, cando esta rexión asiática non realizaba aínda as súas propias cuñaxes. Utilizábanse ás veces moedas doutros territorios, aínda que o troco era unha práctica máis común, o ouro constituía un medio de intercambio e as cunchas e as doas de pedra utilizábanse para as transaccións máis pequenas.
A partir do século XVII comezou a utilizarse a moeda dun xeito máis extenso; tratábase de moedas de prata procedentes do Nepal. E entre 1763 e 1785 cuñáronse as primeiras moedas de prata tibetanas. Pouco despois, en 1792, producíronse as primeiras emisións masivas, baixo a autoridade mixta tibetano-chinesa, con lendas en ambas as linguas, ata que en 1840 xurdiu a moeda xenuinamente tibetana, que se mantivo ata 1954, coa única excepción de dous breves períodos de emisións sino-tibetanas.
En 1910, o Goberno tibetano comezou a producir unha ampla variedade de moedas de prata e de cobre con diferentes valores faciais, e entre 1918 e 1921 só se cuñaron moedas de ouro. Pola súa banda, os primeiros billetes apareceron en 1913.
Entre 1955 e 1959 non se cuñou moeda no Tíbet, aínda que se mantiña a impresión de billetes, e nese último todo o diñeiro foi substituído gradualmente polo iuan renmimbi, a moeda da República Popular da China.
|
Sobre Galicia
|
Tanxugueiras é un trío de pandeireteiras galegas formado por Aida Tarrío e as irmás xemelgas Olaia e Sabela Maneiro. O grupo traballa co repertorio da música galega tradicional. Con todo, tratan de darlles ás pezas unha sonoridade máis moderna, que a aproximan ao estilo da world music ou mesmo do pop. Así mesmo, busca salientar temas como o entendemento entre pobos, a defensa da lingua e da cultura galegas e o apoderamento da muller, entre outros. O nome do grupo provén da toponimia, trátase do nome dunhas leiras da parroquia de Fumaces, no concello de Riós. É un zoónimo que fai referencia a un lugar onde son frecuentes os tanxugos ou teixugos.
|
Tal día coma hoxe no ano...
|
- 1441, morre Branca I de Navarra, raíña de Navarra e raíña consorte de Sicilia.
- 1897, morre Johannes Brahms (na imaxe), compositor (n. 1833).
- 1924, nacen Marlon Brando, actor estadounidense, e Iuri Nagibin, escritor ruso.
- 1975, Bobby Fischer recusa xogar contra Anatoly Karpov, dando a Karpov o título do xadrez.
- 1979, teñen lugar as eleccións municipais de 1979, as primeiras democráticas despois do franquismo.
- 1989, nace David Añón González, futbolista coruñés.
- 2004, sospeitosos dos atentados do 11 de marzo fan estoupar un piso de Leganés.
|
|
|
Imaxe do día
|
|
Presentación
|
|
Participación
|
|
Comunidade
|
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 124 950 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 356 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
|
|