.cs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

.cs foi o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) de Checoslovaquia. Ao dividirse o país no ano 1993, República Checa e Eslovaquia recibiron os seus propios ccTLDs: .cz e .sk. O uso de .cs foi gradualmente desfasado e en xaneiro de 1995 desapareceu definitivamente este ccTLD.