Arles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°40′36″N 4°37′40″L / 43.67667, -4.62778

Arles
Arles
Arle
Blason Arles 13.svg
Amphitheatre Arles.jpg
Anfiteatro de Arles
Localización
Arles en Francia
Arles
Arles
PaísFrancia Francia
RexiónProvenza-Alpes-Costa Azul
DepartamentoBocas do Ródano
DistritoDistrito de Arles
Xeografía
Altitude0-57 msnm
Superficie758,93 km²
Demografía
Poboación52 566 hab. (2013)
Densidade69 hab/km²
Outros datos
Código postal13104, 13123, 13129, 13200, 13280
AlcaldeHervé Schiavetti (PCF) (2014-2020)
Páxina oficial

Arles ou Arle en occitano, latín: Arelate, é unha cidade costeira e unha municipio, subprefectura do departamento de Bocas do Ródano, na rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul, na antiga provincia de Provenza, Francia.

Unha gran parte da Camarga, a maior zona húmida de Francia, está situada no territorio da comuna, polo que é a comuna máis grande da Francia metropolitana en canto ao territorio xeográfico. (Maripasoula, Güiana Francesa, é moito máis grande que Arlés). A cidade ten unha longa historia, e foi de considerable importancia na provincia romana da Gallia Narbonensis. Os Monumentos romanos e románicos de Arles catalogáronse como Patrimonio da Humanidade da UNESCO en 1981 polo seu testemuño da historia da rexión.[1]

Moitos artistas viviron e traballaron nesta zona debido á luz austral, incluíndo Pablo Picasso, Paul Gauguin, Jacques Réattu e Peter Brown.[2] O pintor holandés postimpresionista Vincent van Gogh viviu en Arles entre 1888 e 1889, e produciu máis de 300 cadros e debuxos durante a súa etapa alí. Estes atópanse en museos e coleccións privadas coñecidas internacionalmente de todo o mundo. Desde 1970 celébrase anualmente na cidade un festival internacional de fotografía.

Nome[editar | editar a fonte]

O asentamento está atestiguado como Arelate a mediados do século I a.C. (César), A̓reláte (Ἀρελάτε) a principios do século I. AD (Strabo), Arlate civitas en 954 e Arle no século XIII.[3] O topónimo Arelate é unha forma latinizada do galo *Arelati, que significa 'a carón do pantano', ou 'fronte á marisma'.[4]

Localización e características[editar | editar a fonte]

Localizada nas beiras do río Ródano, comunícase co Mediterráneo por unha canle. É a comuna máis extensa de Francia con 759 km², aínda que en 2013 só tiña 52 566 habitantes (50 513 en 1999). É a antiga Arelate, fundada por colonos marselleses, consérvanse ruínas romanas entre as que destacan o anfiteatro e o teatro.

Administración[editar | editar a fonte]

O alcalde de Arles é Hervé Schiavetti, do Partido Comunista Francés, que en 2014 saíu reelixido logo de vencer xa en 2008[5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Arles, Roman and Romanesque Monuments". UNESCO World Heritage Centre. United Nations Educational, Scientific, and Cultural Organization. Consultado o 10 de outubro de 2021. 
  2. "Painters in Arles". Studios of the South. Consultado o 2020-12-15. 
  3. Nègre 1990, p. 116.
  4. Delamarre 2003, p. 197.
  5. Resultados das eleccións municipais de 2014 na web de Le Monde.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.