Meze

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Selección de mezes.

O meze (grego Μεζές; búlgaro e serbio мезé; macedonio,мéзе; turco meze; árabe مَزة ) é nas cociñas dos países do Mediterráneo oriental, e especialmente na cociña turca, unha selección de aperitivos ou pequenos pratos que en xeral se serven fríos acompañados de bebidas, en especial licores anisados, sós ou antes da comida principal. Os seus compoñentes poden ser moi variados: queixo, salame, iogur, legumes etc.