.bb
.bb | |
---|---|
Ano de creación | 1991 |
En servizo desde | 1991 |
Tipo | ccTLD |
Estado | Activo |
Rexistrador | Telecoms Unit |
Patrocinador | Goberno de Barbados |
Finalidade | Entidades ligadas con Barbados |
País | Barbados |
Web | .BB registry |
.bb é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Barbados. Foi mantido por varios administradores desde a súa creación. O primeiro deles foi a Universidade de Porto Rico. En 1996 o goberno de Barbados conseguiu o control do .bb en beneficio da Cable & Wireless (BARTEL) Ltd. No 2001 asinouse un acordo entre o Goberno de Barbados e a Cable & Wireless (Bartel) Ltd. e súa compañía irmá Cable & Wireless (BET) Ltd., para continuar coa administración dos dominios do .bb até que o goberno seleccionara novas directrices. En novembro de 2007, o .bb foi relegado á Telecoms Unit, que pertence ao Goberno de Barbados.[1]
O goberno indicou que súa intención sería manter o dominio semi-protexido. Os asuntos legais que concirnen os dominios son establecidos pola Oficina de Propiedade Intelectual e Asuntos Corporativos (Corporate Affairs and Intellectual Property Office, CAIPO) parte do goberno.
A cota para o ccTLD e para os dominios de segundo e terceiro nivel, é de 120 dólares de Barbados anuais.[2]
Dominios de segundo nivel[editar | editar a fonte]
- .co.bb - uso xeral (normalmente comercial)
- .com.bb - entidades comerciais
- .net.bb - provedores de rede
- .org.bb - uso xera (normalmente para organizacións sen ánimo de lucro)
- .gov.bb - organizacións do goberno de Barbados
- .edu.bb - organizacións da educación de Barbados
- .info.bb - uso xeral
- .store.bb - uso xeral
- .tv.bb - uso xeral
- .biz.bb - uso xeral
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ IANA Report on the Re-delegation of the .BB Top-Level Domain - 2007
- ↑ "Domain Registration Licences (TUL152) are renewed annually at a fee of $120". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2012. Consultado o 22 de abril de 2012.