Sacha Baron Cohen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sacha Baron Cohen
Sacha Baron Cohen, 2011.jpg
Baron Cohen en 2011
Nome completoSacha Noam Baron Cohen
Alcume/outrosAli G.
Nacemento13 de outubro de 1971 (50 anos)
LugarHammersmith, Londres, Inglaterra Inglaterra
NacionalidadeReino Unido
EtniaPobo xudeu e British Jews
RelixiónXudaísmo
Educado enChrist’s College e Haberdashers' Aske's Boys' School
PaiGerry Baron Cohen
NaiDaniella Naomi Cohen
Cónxuxe(s)Isla Fisher (2010-presente)
Fillos2
ProfesiónCómico, guionista, actor e actor de dobraxe
editar datos en Wikidata ]

Sacha Noam Baron Cohen, nado o 13 de outubro de 1971 en Londres, é un humorista e actor inglés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado nunha familia xudía, Sacha é o cativo dos tres fillos de Gerald Baron Cohen e Daniella Weiser; o pai, galés, é descendente de xudeus lituanos, e a nai é de Israel. Estudou historia na Universidade de Cambridge, a súa tese versou sobre a participación dos xudeus no Movemento polos dereitos civís nos Estados Unidos.

Sacha é un coñecido cómicos británico que interpreta personaxes ficticios, no programa de televisión Da Ali G Show, que efectúan falsas entrevistas a personalidades que cren que a entrevista é real. Os seus personaxes cómicos, satíricos e populares son Ali G (unha parodia dun branco de clase media que actúa como un negro dos arrabaldes), Borat (un reporteiro antisemita do Casaquistán) e Brüno (un reporteiro homosexual austríaco de moda). Gañou un Globo de Ouro ó mellor actor pola súa actuación en Borat: Cultural Learnings of America for Make Benefit Glorious Nation of Kazakhstan, película co que se fixo coñecido internacionalmente.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título Papel Notas
1995 Jack and Jeremy's Police 4 Vítima de execución
Pump TV Presentador
1996 Punch Personaxe sen nome Curtamentraxe
1998 Live from the Lighthouse Ali G
1998–1999 The 11 O'Clock Show Guionista
2000 The Jolly Boys' Last Stand Vinnie
Da Ali G Show Ali G / Borat Sagdiyev / Brüno 6 episodios
Guionista
2002 Ali G Indahouse Ali G/Borat Sagdiyev Guionista e produtor executivo
2003 Spyz James Bond (Ali G) Curtametraxe
Guionista e produtor executivo
2003–2004 Da Ali G Show Ali G / Borat Sagdiyev / Brüno 12 episodios
Guionista e produtor executivo
2005 Curb Your Enthusiasm Guía de Larry Tempada 5, Episodio 10: "The End"
Madagascar Rei Julien XIII Voz
2006 Talladega Nights: The Ballad of Ricky Bobby Jean Girard
Night of Too Many Stars: An Overbooked Event for Autism Education Borat Sagdiyev
Borat Guionista e produtor
2007 Sweeney Todd, o barbeiro diabólico de Fleet Street Adolfo Pirelli
2008 Madagascar: Escape 2 Africa Rei Julien XIII Voz
2009 Brüno Brüno Guionista e produtor
2010 The Simpsons Jakob Tempada 21, Episodio 16: "The Greatest Story Ever D'ohed"
Voz
2011 Hugo Inspector Gustav
2012 The Dictator Almirante Xeneral Shabazz Aladeen Guionista e produtor
Madagascar 3: Europe's Most Wanted Rei Julien XIII Voz
Les Misérables Thénardier
2014 Mercury Freddie Mercury

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]