Kenya
Coordenadas: 1°N 38°L / 1, -38
República de Kenya | |||
---|---|---|---|
Jamhuri Ya Kenya Republic of Kenya | |||
| |||
Lema: Harambee | |||
Capital • Poboación | Nairobi 538 000 (2005) | ||
Cidade máis poboada | Nairobi | ||
Linguas oficiais | Suahili[1] e inglés[1] | ||
Forma de goberno | República | ||
Uhuru Kenyatta | |||
Independencia do Reino Unido | 12 de decembro de 1963 | ||
Superficie | Posto 48º | ||
• Total | 582 650 km² | ||
• % auga | 2,3 | ||
Fronteiras | 3 446 km | ||
Costas | 536 km | ||
Poboación | Posto 31º | ||
• Total | 45 010 056 (2014)[2] hab. | ||
• Densidade | 78 hab./km² | ||
PIB (nominal) | |||
• Total | n/d | ||
• per cápita | n/d | ||
PIB (PPA) | Posto 71º | ||
• Total (2006) | 51 731 000 000 US$ | ||
• per cápita | 1 519 US$ | ||
Moeda | Xilin kenyano (KES) | ||
IDH (2007) | 0,521 (148º) – medio | ||
Xentilicio | Kenyano/a[3] | ||
Fuso horario | UTC + 3 | ||
• Horario de verán | Non aplica | ||
Dominio de Internet | .ke | ||
Prefixo telefónico | +254 | ||
Prefixo radiofónico | 5YA-5ZZ | ||
Código ISO | 404 / KEN / KE | ||
Membro de: ONU, Commonwealth, UA | |||
Kenya[3] oficialmente República de Kenya, é un país da África oriental e membro fundador da Comunidade Africana Oriental (CAO). A súa capital e meirande cidade é Nairobi. O territorio de Kenya atópase no ecuador e superponse ó Rift de África Oriental cubrindo un extenso e diverso terreo que abrangue dende o lago Vitoria até o lago Turkana (antigamente chamado lago Rudolph) e cara ao sueste co Océano Índico. Ten fronteira con Tanzania polo sur, con Uganda polo oeste, con Sudán do Sur polo noroeste, con Etiopía polo norte e con Somalia polo nordés. Kenya abrangue 581 309 km2, e no 2014 tiña unha poboación aproximada de 45 millóns de persoas.[4]
Kenya ten un clima cálido, húmido e tropical na liña costeira do Océano Índico. O clima é máis frío nas sabanas arredor da capital, Nairobi, e especialmente preto do monte Kenya, que ten neve de forma permanente no seu cumio. Máis no interior, na provincia de Nyanza, hai un clima quente e seco que se converte en húmido arredor do Lago Vitoria, o meirande lago tropical de auga doce do mundo. O lago dá paso ás zonas montañosas temperadas e boscosas da veciña rexión occidental. As rexións do nordés na fronteira con Somalia e Etiopía son áreas áridas e semiáridas case desérticas. Kenya é tradicionalmente famoso polos seus safaris, o clima e a xeografía diversos e polas súas grandes reservas e parques nacionais, como Parque Nacional de Tsavo Leste e Oeste, o Maasai Mara, o lago Nakuru e o Parque Nacional de Aberdare. Kenya ten varios lugares Patrimonio da Humanidade como a cidade de Lamu e varias praias famosas como Diani, Bamburi e Kilifi, onde se celebran cada ano competicións internacionais de vela.
A rexión dos Grandes Lagos Africanos, da cal forma parte Kenya, foi habitada polo ser humano dende o Paleolítico inferior. Arredor do primeiro milenio da nosa era, a expansión bantú chegou até a zona dende África Occidental e Central. As fronteiras do estado moderno comprenden a encrucillada das áreas níxer-congo, nilo-saharianas e afroasiáticas do continente, representando a maioría de grupos etnolingüísticos que hai en África. As poboacións bantú e nilóticos constitúen xuntas arredor do 97% dos habitantes do país.[5] A presenza árabe e europea en Mombasa data de comezos da Idade Moderna, e a exploración europea do interior de África comezou no século XIX. O Imperio Británico estabeleceu o protectorado da África Oriental Británica en 1895, que en 1920 deu paso á Colonia de Kenya. Kenya obtivo a independencia en decembro de 1963. Segundo o referendo de agosto de 2010 e a adopción dunha nova constitución, Kenya está dividida en 47 condados semi-autónomos gobernados por gobernadores electos.
A capital, Nairobi, é o centro rexional do comercio. A economía de Kenya é a maior de África Oriental e Central.[6][7] A agricultura é a principal actividade económica, e o país exporta tradicionalmente té e café, e máis recentemente, flores frescas cara a Europa. O sector terciario tamén é un importante aspecto da súa economía.
Etimoloxía[editar | editar a fonte]
A palabra Kenya procede do nome kamba para o Monte Kenya, Kiinyaa. As prehistóricas erupcións volcánicas do Monte Kenya (hoxe extinto) puideron ser a orixe da súa asociación cunha divindade e co mito da creación entre grupos étnicos kikuyu, que son os habitantes nativos da área agrícola arredor do Monte Kenya.
No século XIX, o explorador alemán Johann Ludwig Krapf estivo co pobo kamba cando viu por vez primeira o monte. Cando preguntou polo nome da montaña, respondéronlle "Kĩ-Nyaa" ou "Kĩĩma- Kĩĩnyaa" probablemente porque a visión da rocha negra coroada de branco pola neve lles lembraba ás plumas dun avestruz.[8] Os agikuyu, que habitan á beira do monte Kenya, Kĩrĩma Kĩrĩnyaga en Kikuyu, que é bastante semellante ó nome kamba.
Ludwig Krapf rexistrou os dous nomes, Kenia e Kegnia (considerado como unha corrupción da versión kamba).[9][10][11] Malia a controversia sobre o significado da palabra Kenya, está amplamente aceptado que foi o nome da montaña o que lle deu o nome ó país.
Historia[editar | editar a fonte]
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Xeografía[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Xeografía de Kenya.
Kenya atópase situada no leste de África, nas costas do Índico. Limita ao norte con Sudán e Etiopía, ao nordeste con Somalia, ao oeste con Uganda, ao sur con Tanzania e ao leste co océano Índico.
A superficie total de Kenya é de 582.650 km², e conta con 536 km de costa no Océano Índico. O clima varia do tropical na zona costeira ao árido no interior.
O Monte Kenya, que dá nome ao país, encóntrase no centro do territorio, ao norte de Nairobi, é o cume máis alto do estado e o segundo de África, tralo Kilimanjaro. Este último está tamén parcialmente en Kenya, mais a súa cima máis elevada emprázase na súa totalidade o territorio de Tanzania.
Economía[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Economía de Kenya.
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Constitution (2009) Art. 7 [National, official and other languages] "(1) The national language of the Republic is Kiswahili. (2) The official languages of the Republic are English and Swahili. (3) The State shall–-–- (a) promote and protect the diversity of language of the people of Kenya; and (b) promote the development and use of indigenous languages, Kenyan Sign language, Braille and other communication formats and technologies accessible to persons with disabilities."
- ↑ Country Comparison :: Population Arquivado 29 de novembro de 2020 en Wayback Machine.. The World Factbook.
- ↑ 3,0 3,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para kenyano.
- ↑ Central Intelligence Agency (2012). The World Factbook, ed. "Kenya". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2020. Consultado o 28 de maio de 2013.
- ↑ Asongu, J. J. and Marr, Marvee (2007). Greenview Publishing Co., ed. Doing Business Abroad: A Handbook for Expatriates. pp. 12 & 112. ISBN 0979797632.
- ↑ Ethiopia GDP purchasing power 2010: 86 billion. Imf.org. 14 de setembro de 2006.
- ↑ Kenya GDP purchasing power 2010: 66 B llion. Imf.org. 14 de setembro de 2006.
- ↑ Sullivan, Paul (2006). Mkuki na Nyota Publishers, ed. Kikuyu Districts. Dar es Salaam, Tanzania.
- ↑ Krapf, Johann Ludwig (1860). Frank Cass & Co. Ltd, ed. Travels, Researches, and Missionary Labours in Eastern Africa. Londres.
- ↑ Krapf, Johann Ludwig (13 de maio de 1850). "Extract from Krapf's diary". Church Missionary Intelligencer i: 452.
- ↑ Foottit, Claire (2006). Bradt Travel Guides Ltd, ed. Kenya. ISBN 1-84162-066-1.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Kenya |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- K B C (Kenya Broadcasting Corporation) radio do país, en inglés
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |