Palau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 7°30′N 134°30′L / 7.500, -134.500

República de Palau
Beluu er a Belau
Republic of Palau
Bandeira de Palau
Escudo de Palau
BandeiraEscudo
Palau on the globe (Southeast Asia centered) (small islands magnified).svg
Lema: Rainbow's End
(galego: «O final do arco da vella»)
Himno: Belau rekid
Capital
 Poboación
Ngerulmud
391
Cidade máis poboadaKoror
Linguas oficiaisInglés, palauano, xaponés, angaur, tobiano e sonsorol1
Forma de gobernoRepública
Surangel Whipps Jr
Uduch Sengebau Senior
Independencia dos Estados Unidos1 de outubro de 1994
SuperficiePosto 179º
 • Total458 km²
 • % augaDesprezable
Fronteiras0 km
Costas1 519 km
PoboaciónPosto 189º
 • Total (2005 est.)20. 303 hab.
 • Densidade44 hab./km²
PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
PIB (PPA)Posto 183º
 • Total (2000)152 millóns US$
 • per cápita7 819 US$
MoedaDólar ($, USD)
IDHn/d
XentilicioPalauano, -a
Fuso horarioUTC 9
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.pw
Prefixo telefónico+680
Prefixo radiofónicoT8A-T8Z
Código ISO585 / PLW / PW
Membro de: ONU
1 O palauano é oficial en todo o país agás en Angaur, Hatobohei e Sonsoral; o xaponés e o angaur son oficiais en Angaur, o tobiano en Hatobohei e o sonsorol en Sonsoral.

Palau[1][2] (en palauano: Belau), e oficialmente República de Palaus na súa forma longa, é un estado do arquipélago das illas Carolinas, no Océano Pacífico occidental, comprendendo 26 illas e 300 illotes.

Historia[editar | editar a fonte]

Ocupadas polo menos desde o 1000 a. C. por poboacións de orixe filipina ou doutras illas da Sonda, as illas son redescubertas polos españois (unha primeira vez no 1543 por Ruiz López de Villalobos, e logo en 1710 por Padilla), visitadas polos británicos e logo ocupadas por España no 1875 baixo o nome de Islas Palaos (o papa León XIII confirma a soberanía española sobre as Carolinas en 1885, en detrimento de Alemaña). España fai evanxelizar a poboación autóctona polos capuchinos, quen introducen a alfabetización, ata a súa derrota cando a guerra hispano-norteamericana, onde as Palau son vendidas a Alemaña no 1899 coas outras illas Carolinas. Forman entón parte da Nova Guinea alemá. Son ocupadas polo Xapón o 8 de outubro do 1914 (confirmado por un mandato da Liga das Nacións), e logo polos Estados Unidos (15 de setembro ao 10 de outubro do 1944), baixo a autoridade das Nacións Unidas (a partir do 18 de xullo do 1947), coma unha parte do Trust Territory of the Pacific Islands (territorio tutelado das illas do Pacifico). Catro dos distritos do territorio formaron un estado federal en 1979, mais os distritos das Palau e das illas Marshall refugan participar. Os Palaus aproban entón nun referendo a súa independencia en 1979, aproban unha nova constitución que entra en vigor o 1 de xaneiro do 1981 e asinan un tratado de libre asociación cos Estados Unidos no 1982. Despois de oito referendos e un enmendamento á Constitución das Palau, a Libre Asociación é ao fin ratificada no 1993 e entra en vigor o 1 de outubro do 1994 (que marca a pasaxe da tutela á independencia efectiva).

Política[editar | editar a fonte]

Capitolio de Palau, en Melekeok.

O parlamento nacional da República de Palau denomínase Olbiil Era Kelulau (OEK), o que signifia a Casa das decisións paroladas. Este parlamento consta de dúas cámaras renovadas cada 4 anos. A cámara dos delegados tén 16 membros, un de cada estado de Palau. O Senado tén 9 senadores que son elixidos en función da poboación de cada distrito.

O poder executivo (goberno) de Palau consta dun Presidente, un Vicepresidente e un Consello dos Xefes. O vicepresidente é un dos ministros.

O Consello das xefes está composto por un dos xefes de cada estado da República. O Consello consella ao Presidente en canto a dereito en relación coa constitución e leis de Palau.

A Constitución de Palau dá o poder xudiciario supremo á Corte suprema. Baixo a súa xurisdición, ten a Corte nacional (Nacional Court).

Estados federados[editar | editar a fonte]

Ten 16 estados federados :

Estado Capital Área
(km²)
Poboación
(Censo 2005)
Norte de Babeldaob
Kayangel Kayangel 3 188
Babeldaob
Aimeliik Mongami 52 270
Airai Ngetkib 44 2 723
Malekeok Melekeok 28 391
Ngaraard Ulimang 36 581
Ngarchelong Mengellang 10 488
Ngardmau Urdmang 47 166
Ngaremlengui Imeong 65 317
Ngatpang Ngereklmadel 47 464
Ngchesar Ngersuul 41 254
Ngiwal Ngerkeai 26 223
Sudoeste de Babeldaob
Angaur Ngeremasch 8 320
Koror Koror 18 12 676
Peleliu Kloulklubed 13 702
Rock Islands, (tamén chamada Chelbacheb) 47
Illas Sudoeste
Hatohobei Hatohobei 3 44
Sonsorol Dongosaru 3 100
Palau
Palau Ngerulmud1 488 19 907
1 A capital de Palau foi trasladada de Koror a Ngerulmud o 7 de outubro de 2006.
Organización territorial

Xeografia[editar | editar a fonte]

É un arquipélago do oceano Pacifico, ao sur do mar das Filipinas e ao norte da Papuasia. O arquipélago fai parte do conxunto chamado Micronesia.

As illas principais de Palau son Angaur, Babeldaob, Koror e Peleliido que están preto da mesma barreira de coral. Case dous terzos da poboación vive en Koror. Ao norte destas illas está o atol Kayangel. As illas Chelbacheb ou Rock islands (aproximadamente 70) están deshabitadas. Forman igualmente parte das Palau un grupo illado de seis illas, a máis de 600 km das illas principais Illas suroeste, formando os estados de Sonsorol e Hatohobei.

Mapa de Palau

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Palau.

A economía consiste principalmente no turismo, na agricultura de subsistencia e na pesca. O goberno é o principal empregador da forza de traballo, confiando fortemente na axuda financeira dos Estados Unidos. As visitas por negocios e turismo chegaron a 50.000 persoas no ano financeiro 2000/2001. A poboación goza dun ingreso per cápita dúas veces maior que o das Filipinas e de gran parte de Micronesia. Propostas clave de longa duración para o sector turístico foron moi alentadas pola expansión do transporte aéreo no Pacífico, a crecente prosperidade dos países líderes do leste de Asia, e a vontade dos estranxeiros por financiar o desenvolvemento da infraestrutura.

En xullo de 2004, Micronesia Air foi lanzada con servizos desde Palau a Yap, Guam, Micronesia, Saipán, Australia, e as Filipinas.

Cultura[editar | editar a fonte]

A lingua principalmente falada nas Palaus, o palauano, é unha lingua austronesia; mais, contrariamente á maior parte das linguas faladas en Oceanía, é máis próxima das linguas faladas en Asia do Sueste (en especial nas Filipinas) que das doutras linguas da Micronesia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Listaxe de países participantes en Rio2016, ordenados por continente" (PDF). Portal das Palabras. Consultado o 16 de agosto de 2016. 
  2. "Entrada palauano en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2018. Consultado o 12 de xuño de 2017.