Brunei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 4°30′N 114°40′L / 4.500, -114.667

Estado de Brunei Darussalam
نڬارا بروني دارالسلام
Negara Brunei Darussalam
Bandeira de Brunei
Emblema de Brunei
BandeiraEmblema
Brunei (orthographic projection).svg
Lema: Brunei Darussalam
(malaio: «Brunéi, residencia da paz»)
Capital
 Poboación
Bandar Seri Begawan
78 000 (2003 est.)
Cidade máis poboadaBandar Seri Begawan
Lingua oficialMalaio 1
Forma de gobernoMonarquía absoluta
Sultán
Príncipe herdeiro
Hassanal Bolkiah
Al-Muhtadee Billah
Independencia do Reino Unido31 de decembro de 1983
SuperficiePosto 171º
 • Total5 770 km²
 • % auga8,6
Fronteiras381 km
Costas161 km
PoboaciónPosto 166º
 • Total372 361 hab.
 • Densidade63 hab./km²
PIB (nominal)Posto 102º
 • Total (2006)11 438 millóns US$
 • per cápita30 298 US$
PIB (PPA)Posto 140º
 • Total (2006)9 557 millóns US$
 • per cápita25 315 US$
MoedaDólar de Brunei (B$, BND)
IDHn/d
XentilicioBruneano, bruneana
Fuso horarioUTC+ 8
 • Horario de veránUTC+ 8
Dominio de Internet.bn
Prefixo telefónico+673
Prefixo radiofónicoV8A-V8Z
Código ISO096 / BRN / BN
Membro de: ONU, ASEAN, APEC, Commonwealth
1 Tamén se fala chinés, inglés e jawi.

Brunei (en malaio: Negara Brunei Darussalam, en jawi: نڬارا بروني دارالسلام‎) é un país ó noroeste da illa de Borneo no sueste de Asia. Comprende dous territorios, separados en gran parte pola cunca do río Limbang e arrodeados polo territorio de Sarawak. Á parte da súa costa no Mar da China Meridional, está completamente arrodeado por Malaisia.

Historia[editar | editar a fonte]

O sultanato de Brunei foi moi poderoso entre os séculos XIV e XVI, estendéndose ó sur de Filipinas, Sarawak e Sabah. A influencia europea foi debilitando gradualmente este poder, ata esvaecelo por completo. Brunei converteuse nun protectorado inglés en 1888.

Goberno e política[editar | editar a fonte]

O sultán de Brunei, que pertence á dinastía que rexe o país dende o século XIV, é o xefe de Estado e de goberno. O sultán Muda Hassanal Bolkiah tamén exerce como Primeiro Ministro, Ministro de Defensa e Ministro de Economía. Está asistido por un Consello privado, un Consello de Ministros e un Consello lexislativo de 20 membros. Na actualidade o monarca conta cunha fortuna que acada os 39 mil millóns de dólares, unha das persoais máis grandes do mundo. Como lle gustan as excentricidades conta cun palacio de máis de 1.500 habitacións, unha colección de 5.000 vehículos de luxo e 165 Rolls-Royce.

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

Mapa dos distritos de Brunéi.

Brunei está dividido en catro distritos , chamados daerah.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Brunei está situado na costa norte da illa de Borneo. Está formado por dous territorios inconexos. O territorio está formado por unha chaira costeira con zonas pantanosas ao oeste e ao nordés e no interior unha zona montañosa. Os ríos discorren en dirección norte sendo o máis importante o río Belait.

O país ten un clima tropical húmido, cunha temperatura media de 27,8 °C. As precipitacións son intensas durante todo o ano, pero aumentan nos meses do monzón de novembro a marzo.

Economía[editar | editar a fonte]

Véxase: Economía de Brunei.

Demografía[editar | editar a fonte]

En 2002 tiña unha poboación de 308.000 habitantes. Máis do 50% da poboación pertence ó grupo malaio, de relixión musulmá, existe unha minoría de orixe chinesa (arredor do 20%).

Cultura[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Cultura de Brunei.
Festas
Data Nome en galego Nome en inglés
1 de xaneiro Día de aninovo New Year’s Day
* Festa do cordeiro Hari Raya Aidiladha
* Ano Novo Chinés Chinese New Year
* Aninovo islámico Muslim Holy Month of Hijirah
23 de febreiro Día da independencia National Day
* Aniversario do profeta Mahoma Mauludin Nabi
31 de maio Festa das Forzas Armadas Royal Brunei Armed Forces Day
15 de xullo Aniversario do Sultán His Majesty the Sultan’s Birthday
* Ascensión de Mahoma Isra’ Me’rag
* Inicio do Ramadán First Day of Ramadhan
* Revelación do Corán a Mahoma Nuzul al Qu’ran
* Fin do Ramadán (Eid al-Fitr) Hari Raya Aidilfitri
25 de decembro Día de Nadal Christmas Day
* Varía cada ano

Mapas e imaxes[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.