LibreOffice 4.0

Despois de varios meses de intenso desenvolvemento, acaba de chegar a nova serie 4 de versións da suite ofimática LibreOffice.

A suite conta cunha completa localización en galego realizada polo Galician Native Lang Team polo que os usuarios galegos terán á súa disposición unha das ferramentas máis transversais e importantes producidas polo sector do software libre, na nosa lingua e de balde.

KDE SC 4.10 ve a luz

A Comunidade de KDE celebra hoxe o seu lanzamento do Espazo de traballo Plasma, de aplicativos e da Plataforma de desenvolvemento de KDE 4.10. Este novo lanzamento non é nada menor e trae a canda si unha grande cantidade de novas funcións e de aplicativos. Intentaremos facer aquí un resumo. Ademais, falaremos doutros dous lanzamentos asociados á comunidade de KDE que vimos xa na pasada semana: a suite ofimática Calligra e o reprodutor de son Amarok. E como non, informarvos de térmolo ao completo na nosa lingua!

KDE SC 4.10 ve a luz

A Comunidade de KDE celebra hoxe o seu lanzamento do Espazo de traballo Plasma, de Aplicativos e da Plataforma de desenvolvemento de KDE 4.10. Este novo lanzamento non é nada menor e trae a canda si unha grande cantidade novas funcións e aplicativos. Intentaremos facer aquí un resumo. Ademais, falaremos de dous lanzamentos asociados á comunidade de KDE que vimos na pasada semana: a suite ofimática Calligra e o reprodutor de son Amarok. E como non, informarvos de térmolo ao completo na nosa lingua!

WordPress 3.5 dispoñible en galego

Logotipo do Proxecto TrasnoAcaba de publicarse WordPress 3.5 e está dispoñíbel en galego grazas ao excelente traballo da comunidade de tradución ao galego de WordPress.

Esta nova versión inclúe múltiples melloras entre as que se poden destacar un novo xestor multimedia, un novo tema predeterminado ou diversas melloras no panel.

GALPon publica unha Debian Cheat en formato Cubo

Desde GALPon informan que veñen de publicar un «Debian Cheat Cube» , ou o que é o mesmo, unha «chuleta» para imprimir en cartulina, recortar e encolar, cunha escolma de ordes e a súa explicación en galego, para sistemas Debian.

Pódese descargar de: http://gruvi.galpon.org/arquivos/Cheat-Debian/galego/Debian_Cheat_Cube_G...

Os fontes (e outros idiomas) están accesíbeis en: http://gruvi.galpon.org/arquivos/Cheat-Debian/

Mozilla Firefox 17 en galego

Versión tras versión o equipo de localización ao galego, coordinado por Enrique Estévez, consegue o navegador Mozilla Firefox na nosa lingua.