Versión 3.5
Plataforma de publicación semántica persoal
O primeiro é o primeiro
Benvido/a. WordPress é un proxecto moi especial para min. Todos os
programadores e participantes engaden algo único e xuntos creamos algo
do que me sinto orgulloso de formar parte. Foron investidas milleiros
de horas de traballo no WordPress e estamos empeñados en facelo cada
vez mellor. Grazas por facelo parte do seu mundo.
— Matt Mullenweg
Instalación: A famosa instalación en 5 minutos
- Descomprime o ficheiro nun cartafol baleiro e sube todo o seu contido.
- Abre wp-admin/install.php no teu navegador. Isto vai conducirte durante o proceso de configuración do ficheiro
wp-config.php
cos detalles da conexión á túa base de datos.
- Se por algunha razón isto non funcionara, non te preocupes. Non funciona en todos os servidores web. Abre
wp-config-sample.php
cun editor de texto como WordPad ou algún similar e introduce os detalles da conexión á túa base de datos.
- Garda o ficheiro como
wp-config.php
e súbeo.
- Abre wp-admin/install.php no teu navegador.
- Unha vez que o ficheiro de configuración está listo, o instalador
configurará as táboas que o teu blogue necesita. Se houbera un erro,
comproba unha vez máis o teu ficheiro
wp-config.php
, e téntao de novo. Se falla outra vez, por favor, vai aos foros de soporte con todos os datos que poidas aportar. - Se non introduciches un contrasinal, apunta o contrasinal que se che dá. Se non proporcionaches un nome de usuario, este será
admin
. - O instalador enviarache entón á then send you to the páxina de inicio de sesión.
Inicie a sesión co nome de usuario e o contrasinal que escolliches
durante a instalación. Se o contrasinal foi xenerado automaticamente,
podes premer en 'Perfil' para cambiar o contrasinal.
Actualizando
Usando o actualizador automático
Se estás actualizando desde a versión 2.7 ou superior, podes usar o actualizador automático:
- Abre o ficheiro wp-admin/update-core.php no teu navegador e segue as instruccións.
- Querías máis, tal vez? Iso é todo!
Actualizando manualmente
- Antes de actualizar nada, asegúrate de ter copias de seguranza de todos os ficheiros que puideras ter modificado, como
index.php
.
- Borra os teus vellos ficheiros de WordPress, gardando aqueles que modificaras.
- Carga os novos ficheiros.
- Navega para /wp-admin/upgrade.php.
Cambios nos modelos dos temas
Se personalizaches os teus modelos de tema, terás que facer algúns cambios entre versións principais.
Migrando desde outros sistemas
WordPress pode importar desde determinado número de sistemas. Primeiro terás que ter WordPress instalado e traballando, tal e como describimos anteriormente, antes de usar as nosas ferramentas de importación.
Requirimentos do sistema
- PHP versión 5.2.4 ou superior.
- MySQL versión 5.0 ou superior.
Recomendacións do sistema
Recursos en liña
Se tes algunha dúbida que non abordamos neste documento, por favor, aproveita os numerosos recursos en liña de WordPress:
- O Codex de WordPress
- O Codex é a enciclopedia de todas as cousas WordPress. É a máis completa fonte de información dispoñible sobre WordPress.
- O blogue de WordPress
- Aquí é onde vas atopar as últimas actualizacións e novas relacionadas co WordPress. As noticias recentes de WordPress aparecen no panel administrativo, por defecto.
- WordPress Planet
- O WordPress Planet é un agregador de noticias que reúne artigos de blogues WordPress de toda a rede.
- Foros de soporte de WordPress
- Se xa buscaches en todas as partes e aínda non puideches atopar unha resposta, os foros de soporte son moi activos e teñen unha grande comunidade preparada para axudar. Para axudarlles a axudar, non te esquezas de empregar un título descritivo e describir a túa dúbida coa máxima información que che sexa posible achegar.
- Canal IRC de WordPress
- Existe unha canle de chat en liña que se usa para o debate entre as persoas que utilizan o WordPress e ocasionalmente para temas de soporte. A páxina wiki anterior debe levalo na dirección correcta. (irc.freenode.net #wordpress)
Entornos XML-RPC e Atom
Podes publicar no teu blog WordPress con ferramentas como o Windows Live Writer, Ecto, w.bloggar, Radio Userland (o que significa que pode utilizar o recurso de Radio email-to-blog), NewzCrawler, e outras ferramentas que soportan as APIs dos blogs! :) Podes ler máis sobre soporte XML-RPC no Codex.
Publicar vía correo electrónico
Podes publicar desde un cliente de correo electrónico! Para
configuralo, vai á túa pantalla de opcións de escritura e enche
os detalles da conexión da túa conta POP3 secreta. Entón tes que
configurar wp-mail.php
para executar periodicamente a comprobación da bandexa de entrada na procura de novas publicacións. Podes facelo co cron-jobs,
ou se o teu servidor non soporta iso, podes mirar na páxina web de
seguimento de servizos diversos, e facer que comproben o URL do teu wp-mail.php
.
Publicar é fácil: calquera correo enviado ao enderezo que
especificaches será publicado, co asunto como título. É mellor manter
esta dirección. O script borrará mensaxes que foran publicadas con éxito.
Roles dos usuarios
Introducimos un sistema moi flexible de roles na versión 2.0. Podes ler máis sobre roles e capacidades no Codex.
Notas finais
- Se tes algunha suxestión, idea ou comentario, ou se (contra!) atopas un erro, únete a nós nos foros de soporte.
- WordPress ten un robusto plugin API que fai o código fácil. Se és un desenvolvedor interesado en utilizar esta función, consulta a documentación sobre plugins no Codex. Non terás que modificar nada no código do núcleo.
Comparte o amor
WordPress non ten campañas de marketing de millóns de dólares ou
patrocinios dunha celebridade, pero temos algo aínda mellor: ti. Se che
gusta WordPress, por favor, considera dicirllo a un amigo, configuralo
para alguén con menos coñecementos ca ti, ou a escribir ao autor dun
artigo de prensa no que nos ignoran.
WordPress é a continuación oficial de b2/cafélog, que veu do Michel V. O traballo foi continuado polos desenvolvedores de WordPress. Se desexas apoiar o WordPress, por favor, considera facer un donativo.
Licenza
WordPress é software libre, e distribúese baixo os termos da GPL versión 2 ou (á túa elección) calquera versión posterior. Mira en license.txt.