Benvida

O WordPress é un sistema de xestión de blogues que pode descargar e instalar libremente desde wordpress.org ou comezar a usar directamente desde wordpress.com. O WordPress é ao mesmo tempo un software libre e gratuito. Noutras palabras, o WordPress é o que vostede precisa se quere traballar e non loitar co seu software de publicación de blogues.

Grazas ao traballo voluntario agora pode usar WordPress na súa propia lingua. Goce do seu uso e non dubide en facernos chegar calquera suxestión.

“O WordPress é un proxecto ao que teño moito aprezo. Todos os programadores e participantes engaden algo único e xuntos creamos algo do que me sinto orgulloso de formar parte. Foron investidas milleiros de horas de traballo no WordPress e estamos empeñados en facelo cada vez mellor. Grazas por facelo parte do seu mundo.” — Matt Mullenweg.

Descarga

A versión estable máis recente de WordPress en galego estará sempre dispoñible aquí. Só ten que premer no botón da dereita, para iniciar a descarga. Se quere descargar algunha versión previa, tamén están dispoñibles aquí.

A versión galega é coordinada polo grupo de localización de WordPress ao galego. Pode entrar e publicar as súas dúbidas e suxestións.

Por favor, teña en conta que o Grupo de localización de WordPress ao galego non presta soporte á parte comercial do servizo WordPress.com. Para cuestións relacionadas con WordPress.com, por favor póñase en contacto co soporte respectivo.

Instalación

Para poder utilizar WordPress en galego o ficheiro gl_ES.mo debe existir na seguinte ruta do servidor /wp-content/languages/.

Posteriormente verifique que o ficheiro wp-config.php ten unha liña como esta:
define ('WPLANG', 'gl_ES');

A famosa instalación de 5 minutos

É moi fácil:

  1. Descomprima o paquete nun cartafol baleiro.
  2. Abra o ficheiro wp-config-sample.php cun editor de textos e encha a súa información de conexión da base de datos.
  3. Garde o ficheiro como wp-config.php
  4. Envíe todos os ficheiros ao seu servidor.
  5. Abra o arquivo /wp-admin/install.php no seu navegador. Isto instalará as táboas necesarias para o seu blogue. Se ocorrera algún erro, verifique o seu arquivo wp-config.php e ténteo de novo.
  6. Se non especificou un contrasinal, tome nota do contrasinal que foi xerado automaticamente. Se non indica un nome de usuario, este será admin.
  7. A instalación debe entón levalo á páxina de inicio de sesión. Cubra o nome de usuario e o contrasinal xerado durante a instalación. Posteriormente pode facer clic en ‘Usuarios/O seu perfil’ para cambiar o contrasinal.

Para unha información máis detallada sobre a instalación visite esta páxina do Codex (en inglés).

Divulgar

No Wordpress non temos campañas de marketing multimillonarias nen patrocinios de xente famosa, pero temos algo moito mellor: vostede. Se lle gusta o WordPress, considere a posibilidade de recomendalo aos seus amigos ou configuralo para alguén con menos coñecementos ca vostede, ou tamén escribir para un autor que non coñeza o WordPress.

Se quere apoiar o WordPress, pode facer un donativo.

Copyright

O WordPress distribúese baixo licenza GPL.