Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
1000 12/16

Internet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Vista de varias rutas por Internet. Cada liña representa a ligazón de dous enderezos IP. A lonxitude das liñas é proporcional ao atraso entre eses dous nodos. Este gráfico representa menos dun 30% das redes Clase C accesibles por programas de recolleita de datos a comezos do 2005.

Internet é unha rede informática de ámbito planetario, formada con ordenadores dispostos en subredes e que posibilita o intercambio de información. É a evolución da ARPANET, que pretendía poñer en comunicación ordenadores do exército norteamericano posto en funcionamento dende xaneiro de 1983 sobre o protocolo TCP/IP, e en 1984 as redes militares separáronse para formar o MILNET, o que posibilitou que aumentase o número de redes locais de axencias gobernamentais e de universidades conectadas a Internet e que se permitira o acceso á rede aos particulares, aínda que o primeiro só con fins académicos ou de investigación.

Historia[editar | editar a fonte]

A investigación na conmutación de paquetes comezou a primeiros da década de 1960 e as redes de conmutación de paquetes como Mark I no Laboratorio Nacional de Física do Reino Unido,[1] ARPANET, CYCLADES,[2][3] Merit Network,[4] Tymnet, e Telenet, desenvolvéronse a finais da década de 1960 e primeiros anos da década de 1970 usando varios protocolos.

Os primeiros dous nodos do que sería ARPANET interconectáronse o 29 de outubro de 1969 establecéndose unha interconexión entre o Network Measurement Center, dirixido por Leonard Kleinrock, da UCLA e o sistema NLS de Douglas Engelbart no SRI International en Menlo Park, California.[5] Había xa quince sitios conectados á rede ARPANET a fin do ano 1971.[6][7]. O desenvolvemento internacional de ARPANET foi lento, Europa prefería desenvolver redes propias, baseadas no protocolo X.25[8], a primeira conexión de ARPANET fóra dos Estados Unidos foi o NORSAR noruegués en xuño de 1973,[9]

En decembro de 1975 o documento RFC 675[10] - Specification of Internet Transmission Control Program de Vinton Cerf, Yogen Dalal e Carl Sunshine, usou o termo Internet, abreviación de internetworking e posteriormente diversos RFC continuaron a empregar o termo.[11] O acceso a ARPANET aumentou en 1981 cando a National Science Foundation (NSF) desenvolveu oCSNET. En 1982, a TCP/IP estandarizouse e introduciuse o concepto dunha rede mundial de TCP/IP totalmente interconectada so o nome de Internet

T3 NSFNET Backbone, c. 1992

O acceso á rede TCP/IP aumentou de novo en 1986 cando a National Science Foundation Network (NSFNET) deu acceso a superordenadores nos Estados Unidos de organizacións dedicadas á investigación e á educación, primeiro a 56 kbit/s e máis tarde a 1.5 Mbit/s e 45 Mbit/s.[12] Fornecedores de servizo de Internet comerciais comezaron a xurdir a finais da década de 1980 e primeiros da década seguinte. En 1990 desapareceu a ARPANET e en 1995 a NSFNET, desaparecendo as últimas restricións no uso do tráfico comercial en Internet.[13] Internet comezou unha rápida expansión en Europa e Australia a mediados da década de 1980[14][15] e en Asia a finais de 1980 e principios de 1990.[16]

A partir de mediados da década de 1990 Internet tivo un tremendo impacto na cultura e no comercio, favorecido pola comunicación case instantánea que supoña o correo electrónico, a mensaxería instantánea, o Voice over Internet Protocol (VoIP), o Vídeo chat, e a World Wide Web[17] cos seus foros de discusión, blogs, redes sociais e sitios de comercio electrónico.

Internet continúa a medrar, con cada volta máis gran cantidade de información, coñecemento, comercio, entretemento e rede social[18] Estimábase a no remate da década de 1990 o tráfico da internet pública medraba un 100% por ano, mentres que o aumento anual no número de usuarios era entre un 20% e un 50%.[19] Atribuíuse este medre á inexistencia dunha administración central, que permite o medre orgánico da rede, así como a natureza aberta non propietaria dos protocolos de Internet, que impide que unha compañía poida exercer demasiado control sobre a rede.[20] En marzo de 2011 estimábase en 2.095 millóns o de usuarios de Internet, ou o 30,2% da poboación mundial.[21]. E se en 1993 a información contida en Internet supoña o 1% da información a través dos sistemas de telecomunicacións en 2000 esta cifra era do 51%, en 2007 máis do 97%.[22]

Expansión[editar | editar a fonte]

Como medio de comunicación comezouse a xeneralizar nos países desenvolvidos a comezos dos anos 90: en 1991 o Centro Europeo de Investigación Nuclear desenvolveu a World Wide Web, en 1993 creou as primeiras páxinas web e en 1995 a rede abriuse aos intereses comerciais. Nese primeiro momento, foron os propios internautas os que fixeron evolucionar Internet, a través da creación de múltiples servizos maioritariamente gratuítos. De tódolos xeitos, desde finais dos anos 90, os servizos de pago e o comercio electrónico teñen unha presenza cada vez maior.

Internet permítenos moitos servizos diferentes. Destacan:

  • Páxinas web
  • Correo electrónico
  • Chat
  • Mensaxería instantánea
  • FTP (descargar/baixar e enviar documentos, servizo para crear as páxinas web, intercambiar programas de distribución libre,...)
  • Webcams (que permiten as videoconferencias, mostrar en directo rúas, eventos...)
  • Redes de intercambio de ficheiros, tamén chamadas P2P ou Peer to peer
  • Grupos de noticias ou de discusións
  • Redes sociais
  • Información: acceso a xornais, radios e televisións tanto os xa presentes tamén nos medios tradicionais como os creadas especificamente para a Internet.

Internet en Galicia[editar | editar a fonte]

Os primeiros recursos galegos en Internet, malia que se fixeron fóra de Galicia, datan de 1994, dese ano é o primeiro foro galego, a rolda de Birmingham, creado polo lectorado galego da Universidade de Birmingham e a primeira páxina web en galego, dedicada á lingua é cultura galega e que fixo Xabier Canosa dende a universidade galesa de Aberystwyth.[23][24]

Segundo o Instituto Galego de Estatística (IGE) no ano 2007 51,6 por cento dos fogares galegos contaban polo menos cun ordenador, un 32,3 por cento dispuña de conexión a Internet e un 25,7 por cento tíñano con conexión de banda larga. Por provincias, os galegos das provincias atlánticas eran os que máis empregaban Internet, facéndoo o 34,7 dos coruñeses e o 34,6 por cento dos pontevedreses. Polo contrario, as porcentaxes son inferiores nas provincias de Lugo e Ourense, cun 25,6 e un 25,5 por cento, respectivamente.[25]

O peche de internet[editar | editar a fonte]

No comezo do śeculo XXI cada vez se fixo máis patente o peche, censura ou bloqueo permanente de internet por algúns gobernos, como o da China, co seu sistema 'gran Muralla', que tende a ser imitado por outros países,[26] ou de xeito puntual en determinadas situacións.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ward, Mark (29 de outubro de 2009). "Celebrating 40 years of the net". BBC News. 
  2. "A Technical History of CYCLADES". Technical Histories of the Internet & other Network Protocols (Computer Science Department, University of Texas Austin). 11 June 2002. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2013. Consultado o 04 de marzo de 2014. 
  3. Zimmermann, H. (August 1977). "The Cyclades Experience: Results and Impacts". Proc. IFIP'77 Congress (Toronto): 465–469. 
  4. A Chronicle of Merit's Early History Arquivado 07 de febreiro de 2009 en Wayback Machine., John Mulcahy, 1989, Merit Network, Ann Arbor, Michigan
  5. "Roads and Crossroads of Internet History" por Gregory Gromov. 1995
  6. Katie Hafner (1998). Where Wizards Stay Up Late: The Origins Of The Internet. Simon & Schuster. ISBN 0-684-83267-4. 
  7. Ronda Hauben (2001). "From the ARPANET to the Internet". Consultado o 28 de maio 2009. 
  8. "Events in British Telecomms History". Events in British TelecommsHistory. Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2003. Consultado o 25 November 2005. 
  9. "NORSAR and the Internet". NORSAR. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2012. Consultado o 04 de marzo de 2014. 
  10. RFC 675
  11. Barry M. Leiner, Vinton G. Cerf, David D. Clark, Robert E. Kahn, Leonard Kleinrock, Daniel C. Lynch, Jon Postel, Larry G. Roberts, Stephen Wolff; Cerf; Clark; Kahn; Kleinrock; Lynch; Postel; Roberts; Wolf (2003). "A Brief History of Internet". p. 1011. Bibcode:1999cs........1011L. arXiv:cs/9901011. Consultado o 28 de maio de 2009. 
  12. NSFNET: A Partnership for High-Speed Networking, Final Report 1987-1995 Arquivado 10 de febreiro de 2015 en Wayback Machine., Karen D. Frazer, Merit Network, Inc., 1995
  13. Harris, Susan R.; Gerich, Elise (April 1996). "Retiring the NSFNET Backbone Service: Chronicling the End of an Era". ConneXions 10 (4). Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2013. Consultado o 04 de marzo de 2014. 
  14. Ben Segal (1995). "A Short History of Internet Protocols at CERN". 
  15. Réseaux IP Européens (RIPE)
  16. "Internet History in Asia". 16th APAN Meetings/Advanced Network Conference in Busan. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2006. Consultado o 25 December 2005. 
  17. How the web went world wide, Mark Ward, Technology Correspondent, BBC News. 24 de xaneiro de 2011
  18. "Brazil, Russia, India and China to Lead Internet Growth Through 2011". Clickz.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2008. Consultado o 28 de maio de 2009. 
  19. Coffman, K. G; Odlyzko, A. M. (2 October 1998). "The size and growth rate of the Internet" (PDF). AT&T Labs. Consultado o 21 de maio de 2007. 
  20. Comer, Douglas (2006). The Internet book. Prentice Hall. p. 64. ISBN 0-13-233553-0. 
  21. "World Internet Users and Population Stats". Internet World Stats. Miniwatts Marketing Group. 22 de xuño de 2011. Consultado o 23 de xuño de 2011. 
  22. Hilbert, Martin; López, Priscila (April 2011). "The World's Technological Capacity to Store, Communicate, and Compute Information" (PDF). Science 332 (6025). pp. 60–65. Bibcode:2011Sci...332...60H. PMID 21310967. doi:10.1126/science.1200970. 
  23. Daniel Romero e Isabel Vaquero Da periferia á rede. Internet en Galicia. Lingua e contidos. Xerais, 2001, pp 138-139
  24. Vinte anos da primera web en galego da historia, obra dun filólogo coristanqués [sic]
  25. Innova.- Sólo el 25,7% de los hogares gallegos cuenta con internet de banda ancha, mientras que en España son el 39,2%
  26. Goel, Vindu (2019-02-14). "India Proposes Chinese-Style Internet Censorship". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2019-02-15. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]