Sempre máis rápido.

Co dobre de velocidade, coa protección da privacidade integrada e con Mozilla detrás, o novo Firefox é a mellor forma de navegar.

Facemos que Internet sexa máis seguro, máis saudábel e máis rápido.

Mozilla é a organización sen ánimo de lucro que creou Firefox, o primeiro navegador alternativo. Creamos produtos e políticas para manter a Internet ao servizo das persoas, non do lucro.

O noso impacto

Cando usa Firefox, axuda a Mozilla a loitar contra a desinformación na Internet, a ensinar habilidades dixitais e a facer máis humana a sección de comentarios. Comprobe o que axuda a crear unha Internet máis saudábel.

As nosas innovacións

Ao usar a web como plataforma, construímos tecnoloxías abertas e innovadoras que permiten aos desenvolvedores liberarse dos ecosistemas corporativos pechados, co fin de construír unha Web máis segura e rápida para todos nós.

  • Extensións

    Personalice o Firefox con funcionalidades adicionais como xestores de contrasinais, bloqueadores de anuncios e moito máis.

  • Oportunidades

    Descubra as vantaxes de traballar en Mozilla e consulte as ofertas de emprego dispoñíbeis en moitas partes do mundo.

  • Precisa axuda?

    Obteña respostas do noso equipo de asistencia a todas as súas cuestións sobre Firefox e todos os produtos de Mozilla.