Robert Schumann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Robert Schumann
Germany Bonn Schumannhaus Bust Robert Schumann made by Alfred Hrdlicka 2003.JPG
Nacemento8 de xuño de 1810
 Zwickau
Falecemento29 de xullo de 1856
 Endenich e Bon
SoterradoAlter Friedhof Bonn
NacionalidadeReino de Saxonia e Alemaña
Alma máterUniversidade de Leipzig e Universidade de Heidelberg
Ocupacióncompositor, pianista, crítico musical, director de orquestra, musicólogo, músico e profesor de música
PaiAugust Schumann
CónxuxeClara Schumann
FillosFelix Schumann, Eugenie Schumann, Marie Schumann, Ferdinand Schumann e Julie Schumann
IrmánsKarl Schumann e Julius Schumann
Coñecido porSymphony No. 1, Symphony No. 2, Symphony No. 3 e Kinderszenen
Signature Robert Schumann-2.jpg
editar datos en Wikidata ]
Para o político, vexa Robert Schuman.

Robert Alexander Schumann, nado en Zwickau (Saxonia) o 8 de xuño de 1810 e finado en Endenich (Bonn) o 29 de xullo de 1856, foi un compositor alemán da época do romanticismo e un dos músicos de maior sona na primeira metade do século XIX.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De neno Schumann amosou as súas dotes musicais, aos 7 anos fixo as súas primeiras composicións. Preto de 1830 desexaba converterse nun virtuoso e admiraba a execución dos mais renomeados concertistas do seu tempo, como Paganini e Liszt. Schumann, de gran talento como pianista, empregouse a fondo nesa tarefa pero quixo o azar que deixara este camiño e fora finalmente un dos mais grandes compositores do seu século.

Hai varias historias de como mancou Schumann a súa man dereita en 1830, sendo a máis aceptada a que conta que pra fortalecer o cuarto dedo discorreu un aparato que, de feito, o que fixo foi inutilizalo completamente. Outras fontes citan a cirurxía errada e, tamén, os efectos secundarios da medicación para sífilis.

Deste ou doutro xeito, as esperanzas de Robert Schumann de arremedar aos virtuosos ou chegar a destacar como concertista, esvaecéronse.

Obra[editar | editar a fonte]

Obras pra piano[editar | editar a fonte]

  • Papillons, Op. 2
  • Estudios sinfónicos Op. 13
  • Entroido Op. 9
  • Sonatas (3)
  • Kinderszenen Op. 15
  • Fantasía Op.17
  • Toccata Op.7
  • Fantasiestücke Op. 12
  • Kreisleriana, op. 16
  • Humoresca Op. 20
  • Novelletten, Op. 21
  • Entroido de Viena Op. 26
  • Arabeske, Op. 18
  • Davidsbündlertänze, Op. 6
  • Álbum para mocidade Op. 68

Concertos[editar | editar a fonte]

  • Concerto pra piano
  • Konzertstück pra catro trompas
  • Introdución e Allegro-Appassionato para piano
  • Concerto para violonchelo
  • Concerto para violín

Obras orquestrais[editar | editar a fonte]

  • Sinfonías (4)
  • Abertura

Música de cámara[editar | editar a fonte]

  • Cuartetos pra cordas (3)
  • Cuarteto pra piano
  • Quinteto pra piano
  • Fantasías pra piano, violín e violonchelo
  • Andante e variacións pra dous pianos
  • Tríos pra piano e cordas (3)
  • Fantasías pra clarinete e piano
  • Cinco pezas populares pra piano e violonchelo
  • Romances pra óboe e piano
  • Märchenbilder pra piano e viola
  • Sonatas pra piano e violín (2)
  • Märchenerzählungen pra clarinete, viola e piano

Música vocal[editar | editar a fonte]

Moitas cancións e obras corais acompañadas de piano ou de orquestra, entre as que se atopan:

  • Dichterliebe, Op. 48 (16)
  • Gedichte, Op 35 (12)
  • Myrten, Op. 25
  • Lieder-Album für die Jugend, Op.79
  • Szenen aus Goethes Faust
  • soulaiman kacha

Véxase tamén[editar | editar a fonte]