Navega polo lado máis salvaxe.

Sé un dos primeiros en probar as próximas versións do Firefox para escritorio, para Android e para iOS.

Beta

Proba as novas características da versión preliminar máis estábel.

A versión Beta é unha plataforma inestábel de probas e desenvolvemento. De forma predeterminada, esta versión envía datos a Mozilla, e ás veces tamén aos nosos socios, para axudarnos a xestionar os problemas e probar novas ideas. Isto é o que se comparte.

Dános a túa opinión para nos axudares a realizar os axustes finais no rendemento e as funcionalidades nun entorno estábel.

Developer Edition

Crea, proba, escala e moito máis co único navegador deseñado exclusivamente para programadores.

A versión Developer Edition é unha plataforma inestábel de probas e desenvolvemento. De forma predeterminada, esta versión envía datos a Mozilla, e ás veces tamén aos nosos socios, para axudarnos a xestionar os problemas e probar novas ideas. Isto é o que se comparte.

Nightly

Bótalle unha ollada ao noso navegador de última xeración e axúdanos a convertelo no mellor navegador posíbel. Proba o Firefox Nightly.

A versión Nightly é unha plataforma inestábel de probas e desenvolvemento. De forma predeterminada, esta versión envía datos a Mozilla, e ás veces tamén aos nosos socios, para axudarnos a xestionar os problemas e probar novas ideas. Isto é o que se comparte.