Google Fotos

34.965.552

Google Fotos é o lugar onde se gardan e organizan automaticamente todas as túas fotos e vídeos, con opcións sinxelas para compartir os ficheiros.

- O mellor produto de fotos da Terra (The Verge)

- Google Fotos é a nova aplicación de fotos imprescindible (Wired)



A aplicación oficial Google Fotos adáptase ao modo actual de tirar fotos e dispón de funcións esenciais: álbums compartidos, creacións automáticas e paquete de edición avanzada. Ademais, todas as Contas de Google ofrecen 15 GB de almacenamento gratuíto e podes escoller facer copias de seguranza automáticas de todas as fotos e vídeos en alta calidade ou en calidade orixinal. Accede a eles desde calquera dispositivo conectado e en photos.google.com.



Coa aplicación oficial, tes:



ALMACENAMENTO GRATUÍTO: Fai copias de seguranza gratuítas de fotos e vídeos (cun límite de 15 GB) e accede a elas desde calquera dispositivo e en photos.google.com, onde as fotos están seguras e só ti podes velas. As fotos e os vídeos dos que fagas copias de seguranza en alta calidade antes do 1 de xuño de 2021 non ocuparán espazo no almacenamento da túa Conta de Google.



MÁIS ESPAZO LIBRE: Non volverás quedar sen espazo no teléfono. Cun simple toque podes quitar do dispositivo as fotos das que fagas copias de seguranza.



ÁLBUMS AUTOMÁTICOS INTELIXENTES: Obtén un novo álbum automaticamente coas mellores fotos dun evento ou viaxe e invita os demais a compartiren as súas fotos.



CREACIÓNS AUTOMÁTICAS: Coa creación automática de películas, colaxes, animacións e panorámicas a partir das fotos, dáslles vida. Tamén podes crealas ti mesmo facilmente.



PAQUETE DE EDICIÓN AVANZADA: Transforma as fotos cun toque. Usa as intuitivas ferramentas de edición de fotos e aplícalles filtros de contido intelixentes, axustes de luz e moito máis.



SUXESTIÓNS DE USO COMPARTIDO: Coas suxestións intelixentes de uso compartido, é fácil enviar aos amigos as fotos que tiraches deles. E como eles poden engadir as súas, por fin terás as fotos nas que saes.



BUSCA RÁPIDA E POTENTE: As fotos organízanse e poden buscarse polas persoas, lugares e cousas que aparecen nelas, sen usar etiquetas.



ÁLBUMS EN TEMPO REAL: Escolle as persoas e as mascotas que buscas e Google Fotos engadirá automaticamente fotos delas segundo as fagas, sen actualizacións manuais*.



LIBROS DE FOTOS: Crea un libro de fotos nuns minutos co teléfono ou ordenador. Podes ver suxestións de libros de fotos baseados nas túas mellores fotos dunha viaxe ou período*.



GOOGLE LENS: Busca algo difícil de describir e obtén resultados a partir dunha foto. Copia e traduce texto, identifica plantas e animais, engade eventos ao calendario, busca produtos en liña e moito máis.



ENVÍO INSTANTÁNEO DE FOTOS: Comparte fotos ao instante con calquera contacto, conta de correo ou número de teléfono.



MEDIATECAS COMPARTIDAS: Permite que unha persoa de confianza acceda ás túas fotos.



Ampliarás o almacenamento da túa Conta de Google, para gardar fotos e vídeos en calidade orixinal, se te subscribes a Google One. Hai subscricións desde 1,99 $ ao mes por 100 GB nos EUA. As tarifas e a dispoñibilidade poden variar segundo a rexión.

- Condicións de servizo de Google One: https://one.google.com/terms-of-service

- Tarifas de One Google: https://one.google.com/about



Se precisas axuda, vai a https://support.google.com/photos



*O agrupamento facial, os álbums en tempo real e os libros de fotos non están dispoñibles en todos os países.
Máis información
Contraer
4,5
34.965.552 en total
5
4
3
2
1
Cargando…

Novidades

Presentamos unha nova ferramenta de xestión do espazo de almacenamento que che axudará a xestionar as fotos que contan para a túa cota de almacenamento. Con esta ferramenta, mostraranse fotos e vídeos que é posible que queiras eliminar, como fotos borrosas, capturas de pantalla e vídeos grandes.
Máis información
Contraer

Información adicional

Data de actualización
3 de xuño de 2021
Tamaño
Varía segundo o dispositivo
Instalacións
5.000.000.000+
Versión actual
Varía segundo o dispositivo
Require Android
Varía segundo o dispositivo
Valoración de contido
Permisos
Ofrecida por
Google Commerce Ltd
Programador
1600 Amphitheatre Parkway, Mountain View 94043
©2021 GoogleCondicións de servizo do sitioPrivacidadeProgramadoresAcerca de Google|Idioma: galegoTodos os prezos inclúen IVE.
Ao comprar este artigo, realizas unha transacción con Google Payments e aceptas as Condicións de servizo e o Aviso de privacidade de Google Payments.