GeneratePress
![](https://webcf.waybackmachine.org/web/20211007233238im_/https://i0.wp.com/themes.svn.wordpress.org/generatepress/3.0.4/screenshot.png?w=572&strip=all)
GeneratePress é un tema lixeiro para WordPress construído cun enfoque na velocidade e usabilidade. O rendemento é importante para nós, polo que unha nova instalación de GeneratePress engade menos de 10 kb (comprimido con gzip) ao tamaño da túa páxina. Aproveitamos ao máximo o novo editor de bloques (Gutenberg), que che dá máis control sobre a creación do teu contido. Se usas maquetadores de páxinas, GeneratePress é o tema adecuado para ti. É completamente compatible con todos os principais maquetadores de páxinas, incluíndo Beaver Builder e Elementor. Grazas á nosa énfase nos estándares de codificación de WordPress, podemos presumir de ter total compatibilidade con todos os plugins ben codificados, incluíndo WooCommerce. GeneratePress é totalmente adaptable, usa HTML e CSS válido e está traducido a máis de 25 idiomas pola nosa incrible comunidade de usuarios. Algunhas das nosas moitas características inclúen integración de microdatos, 9 áreas de widgets, 5 ubicacións de navegación, 5 deseños de barra lateral, menús desplegables (clic ou flotante) e preaxustes de cor de navegación. Obtén máis información e bota un vistazo á nosa potente versión Premium en https://generatepress.com
Non se atoparon temas. Inténtao con outra busca.