Se desexas revisar o código de WordPress e a documentación incluída, temos unha referencia específica para desenvolvedores e un navegador de código. Tamén temos guías para colaborar con Subversion e colaborar con Git.
O código WordPress incluído, ten a licencia GNU General Public License version 2 (ou superior), pode verse online ou probarse localmente con Subversion ou Git:
-
Subversion:
https://core.svn.wordpress.org/
-
Espello Git:
git://core.git.wordpress.org/
WordPress minimiza os arquivos orixinais JavaScript usando UglifyJS e dos CSS usando clean-css, todo co executor de tareas basado en JavaScript Grunt. O código de desenvolvemento que inclúe versións sen minimizar de estos arquivos, ademáis dos scripts que os xeneran, poden verse online ou probarse localmente con Subversion ou Git:
-
Subversion:
https://develop.svn.wordpress.org/
-
Espello Git:
git://develop.git.wordpress.org/
O código fonte dos binarios de calquera programa ou scripts externos minimizados que se inclúen con WordPress poden obterse libremente dende o noso repositorio de código.