October 2, 2021
Que mecanismos existen para estilizar un sitio web feito con Gutenberg? Cómo é que se coordinan estilos de orixes tan distintas como WordPress core, bloques, patróns, plugins, temas, e usuarios? Que son os estilos globais do sitio e cal é o rol do arquivo theme.json?
Estas e outras cuestións serán as que focarán esta palestra, co obxectivo de apresentar unha visión global dos mecanismos de estilos existentes que poida ser de utilidade tanto a persoas que comezan como ás máis experimentadas.