Destacado

Primeira reunión do equipo de tradución WordPress Galicia. Únete a nos.

Pontevedra WordCamp rematou, dous días de formación e comunidade, noraboa a organización, patrocinadores e voluntarios. Aproveitando a Mesa de Traducións do Contributor Day, da primeira WordCamp de Galicia, fixemos a primeira reunión de tradución de WordPress o galego, Que mellor momento que este!!

O rematar fixemos foto de grupo, non estamos todos, alguns tiveron que sair un pouco antes. (Prometemos tentar facela antes, na próxima reunión)

Primeira reunión do equipo de tradución WordPress Galicia. Únete a nos.

Nesta primeira reunion,asistiron: Carlos Macías, Carlos Longarela, Daniel Ledo, Lhosca Arias, Manuel Lois, María Fosado, María Sierra, Antón Méixome, María Saez, Óscar Aguado, Óscar Abad, Antonio Sangiao, Pilar Mera e eu mesmo, que xa me olvidaba, (Víctor Quesada).

Agradecer a organización do WordCamp Pontevedra a sua colaboración e a todos os que se acercaron a mesa para contribuir de forma totalmente voluntaria para garantir que esta plataforma e o maior número dos seus plugins e temas esté dispoñible para todos en galego.

Coa tua axuda, aspiramos a crear un equipo ainda maior, para axudar a crecer e mellorar, a biblioteca de recursos en galego para WordPress.

Como coordinador xeral da tradución o galego, agradecer a todos, a participación, enerxía e  entusiasmo amosados, e invitarvos a manternos en contacto para continuar avanzando nesta labor.

Algunha vez viches un  plugin en inglés ou español, e gustaríache telo en galego?

Se queres contactar con alguén da comunidade e participar activamente na tradución ao galego? ou avisar dalgunha tradución? Únete ao noso Slack seguindo estas indicacions, ou usa o noso formulario de contacto. E empezarás a formar parte do presente e futuro de WordPress.

Destacado

Cómo unirse ao Slack de WordPress Galicia

A comunidade de  WordPress en España usa  Slack para toda a comunicación interna. Grazas a esta ferramenta, os equipos de Traducións,  Core, Meetups ou WordCamps pódense coordinar dunha maneira áxil e colaborativa. Aproveitando a súa experiencia e  xenerosidade , durante a WordCamp Pontevedra ( A primeira #WordCamp en Galicia!) creamos unha canle para coordinar a tradución ao galego de WordPress.

O acceso é libre e de balde; para iso seguiremos os seguintes pasos (tal e como nos explican en WordPress España):

  1. Ter unha conta nos foros de soporte de  WordPress.org. Se non a tes pódela rexistrar aquí.
  2. Ao ter unha conta de  WordPress.org, automáticamente teras un enderezo electrónico do estilo [email protected] no teu perfil.
  3. Rexistra a conta en  Slack a través desta ligazón introducindo o teu nome de usuario de  WordPress.org.
  4. Inicia sesión en  wpes.slack.com e instala as apps en todos os teus dispositivos.
  5. Vémonos no Slack!

Se o precisas, aquí tes máis información sobre Como colaborar co equipo de tradución a galego

Lembra: O  SLACK NON É PARA SOPORTE, todo o relacionado con soporte realízase nos foros da comunidade (en español, polo momento non temos soporte en galego)

WordPress 5.8.1 – Actualización de seguridade e mantemento

Esta versión de seguridade e mantemento contén 60 correccións a fallos, ademais de 3 correccións de seguridade. Dado que é unha actualización de seguridade, recoméndase que actualices os teus sitios inmediatamente. Todas as versións desde WordPress 5.4 actualizáronse tamén.

Podes descargar WordPress 5.8.1 desde gl.WordPress.org ou visitar o teu Escritorio → Actualizacións e facer clic en Actualizar agora.

WordPress 5.7.1 actualización de seguridade e mantemento

Hoxe, liberouse unha actualización de seguridade e mantemento que corrixe 2 vulnerabilidades e 26 erros.

Entre as vulnerabilidades atópanse:

  • Vulnerabilidade XXE na biblioteca de medios que afecta a PHP8.
  • Vulnerabilidade de exposición de datos na API REST.


É necesario aplicar esta actualización desde a versión WordPress 4.7.

Os sitios que teñen actualizacións automáticas en segundo plano xa se están actualizando sen necesidade de realizar ningunha acción. Pola contra, accede ao teu panel admin e actualiza manualmente canto antes.

Ingresa a WordPress 5.7

Con esta nova versión, o editor limpa as cores e axúdache a traballar nalgúns lugares nos que antes non podías, polo menos, non sen entrar no código ou contratar a un profesional. Os controis que máis usas, como o cambio de tamaño de letra, atópanse en máis lugares, xusto onde os necesitas. E os cambios de deseño que deberían ser simples, como imaxes de altura completa, vólvense aínda máis simples de realizar.

Agora o editor é máis fácil de usar

Axuste do tamaño de fonte en máis lugares: agora, os controis de tamaño de fonte están xusto onde os necesitas nos bloques de Lista e Código. Non haras máis viaxes a outra pantalla para facer ese sinxelo cambio!

Bloques reutilizables: varias melloras fan que os bloques reutilizables sexan máis estables e fáciles de usar. E agora gárdanse automaticamente coa entrada cando fas clic no botón Actualizar.

Insertador de arrastrar e soltar: arrastra bloques e patróns de bloque desde o insertador directamente á túa entrada.

Podes facer máis sen escribir código personalizado

Aliñación de altura completa: algunha vez quixeches facer que un bloque, como o bloque Cuberta, ocupe toda a xanela? Agora podes.

Bloque de botóns: Agora podes elixir un deseño vertical ou horizontal. E podes establecer o ancho dun botón a unha porcentaxe preestablecida.

Bloque de iconas sociais: agora podes cambiar o tamaño das iconas.

De HTTP a HTTPS nun só clic

A partir de agora, cambiar un sitio de HTTP a HTTPS é un movemento dun só clic. WordPress actualizará automaticamente as URL da base de datos cando realice o cambio. Non máis cazar e adiviñar!

Esta versión de WordPress está dispoñible para descarga ou actualización no teu escritorio.

WordPress 5.6.2 – Actualización de mantemento

Xa está dispoñible WordPress 5.6.2!

Esta actualización de mantemento inclúe 5 correccións a fallos. Estes fallos afectan á versión 5.6.1 de WordPress, así que quererás actualizar.

Podes descargar WordPress 5.6.2 directamente ou visitar a pantalla de Escritorio → Actualizacións e facer clic en Actualizar agora. Se os teus sitios son compatibles coas actualizacións en segundo plano xa empezarían o proceso de actualización.

WordPress 5.6

Compartir as túas historias nunca foi tan fácil

WordPress 5.6 ofréceche incontables formas de liberar as túas ideas e darlles vida. Cun tema por defecto totalmente novo como o teu lenzo, é compatible cunha colección de bloques cada vez máis grande como pinceis. Pinta con palabras. Imaxes. Son. Ou medios enriquecidos incrustados.

Esta última e mellor versión de WordPress está dispoñible para descarga ou actualización no teu escritorio.

WordPress 5.5.3 – Actualización de mantemento

Esta versión de mantemento corrixe un fallo introducido en WordPress 5.5.2 que facía imposible instalar WordPress nun sitio novo que non teña configurada a conexión coa base de datos. Esta versión non afecta a sitios nos que a conexión coa base de datos xa está configurada, por exemplo, mediante instaladores a un clic ou nun arquivo wp- config. php existente.

Esta última e mellor versión de WordPress está dispoñible para descarga ou actualización no teu escritorio.

WordPress 5.5.3-alpha auto-updates

Hoxe cedo, o sistema de actualización automática de WordPress actualizou algúns sitios da versión 5.5.2 á versión 5.5.3- alpha. Isto debeuse a un erro causado polos preparativos para a versión 5.5.3.

A versión da súa instalación de WordPress pódese reverter a 5.5.2 visitando o panel de actualización (visitando Panel de control> Actualizacións) e facendo clic no botón Reinstalar WordPress. Isto obterá unha nova copia de WordPress, pero non afectará o seu contido ou arquivos cargados.

Benvido ao WordPress 5.5 « Eckstine»

En WordPress 5.5, o teu sitio obtén un novo poder en tres áreas principais: velocidade, busca e seguridade.

Velocidade

As entradas e páxinas nótanse máis rápidas, grazas á carga diferida das imaxes.

As imaxes danlle á túa historia un gran impacto, pero ás veces poden facer que o teu sitio pareza lento.

En WordPress 5.5, as imaxes esperan a cargarse ata que están xusto a piques de entrar na visualización. O termo técnico é «carga diferida».

Nos móbiles, a carga diferida tamén pode evitar que os navegadores carguen arquivos pensados para outros dispositivos. Iso pode aforrar diñeiro en datos aos teus lectores e axudar a conservar a vida da batería.

Busca

Saúda ao teu novo mapa do sitio.

Os sitios de WordPress traballan ben cos motores de procura.

Agora, por defecto, WordPress 5.5 inclúe un mapa do sitio XML que axuda aos motores de procura a descubrir as túas páxinas máis importantes desde o primeiro minuto que estás en vivo.

Así que máis xente atopará o teu sitio antes, dándoche máis tempo para atraer, reter e convertelos en subscritores, clientes ou o que se axuste á túa definición de éxito.

Seguridade

Actualizacions automáticas para plugins e temas

Agora podes configurar os plugins e temas para que se actualicen automaticamente —ou non!— na administración de WordPress. Así que sempre saberás que o teu sitio está a executar o último código dispoñible.

Tamén podes activar ou desactivar as actualizacións automáticas para cada plugin ou tema que teñas instalado, todo nas mesmas pantallas que sempre usaches.

Actualizar subindo arquivos ZIP

Se o teu é actualizar os plugins e temas manualmente, agora tamén é máis fácil: simplemente tes que subir un arquivo ZIP.

Esta última e mellor versión de WordPress está dispoñible para descarga ou actualización no teu escritorio.

WordPress 5.4.1

Esta actualización de seguridade e mantemento contén 17 correccións a fallos ademais de 7 correccións de seguridade. Ao ser unha actualización de seguridade é recomendable que actualices os teus sitios de inmediato.

Podes descargar WordPress 5.4.1 desde gl.WordPress.org, ou visitar o teu Escritorio → Actualizacións e facer clic en Actualizar agora.

Se tes sitios compatibles con actualizacións automáticas en segundo plano xa empezou o proceso de actualización.