Cómo unirse ao Slack de WordPress Galicia

A comunidade de  WordPress en España usa  Slack para toda a comunicación interna. Grazas a esta ferramenta, os equipos de Traducións,  Core, Meetups ou WordCamps pódense coordinar dunha maneira áxil e colaborativa. Aproveitando a súa experiencia e  xenerosidade , durante a WordCamp Pontevedra ( A primeira #WordCamp en Galicia!) creamos unha canle para coordinar a tradución ao galego de WordPress.

O acceso é libre e de balde; para iso seguiremos os seguintes pasos (tal e como nos explican en WordPress España):

  1. Ter unha conta nos foros de soporte de  WordPress.org. Se non a tes pódela rexistrar aquí.
  2. Ao ter unha conta de  WordPress.org, automáticamente teras un enderezo electrónico do estilo [email protected] no teu perfil.
  3. Rexistra a conta en  Slack a través desta ligazón introducindo o teu nome de usuario de  WordPress.org.
  4. Inicia sesión en  wpes.slack.com e instala as apps en todos os teus dispositivos.
  5. Vémonos no Slack!

Se o precisas, aquí tes máis información sobre Como colaborar co equipo de tradución a galego

Lembra: O  SLACK NON É PARA SOPORTE, todo o relacionado con soporte realízase nos foros da comunidade (en español, polo momento non temos soporte en galego)

PONTEWORDCAMP 22-23 SETEMBRO 2018

O 22 e 23 de setembro celébrase a @ PonteWordCamp, a primeira WordCamp en Galicia!.
Ata este venres podedes enviar as vosas propostas de relatorio.
Vai falar moito de eCommerce, pero tamén queremos Gutenberg, desenvolvemento, negocio…
Que non se vos pase!

Web | Ponentes | Voluntarios | Patrocinadores | Programa | Tickets