WordPress está en continuo desenvolvemento. Actualmente, estase traballando na fase 2 do proxecto Gutenberg. O proxecto Gutenberg é unha reinvención da forma na que xestionamos o contido na web. O seu obxectivo é ampliar o acceso á presencia web, que é a base do éxito dos negocios modernos. A fase 1 foi o novo editor de bloques, que se lanzou en WordPress 5.0, podes velo en acción aquí. En 2021 centrámonos en fusionar a edición completa do sitio (fase 2) en WordPress, que leva a edición con bloques a todo o sitio, non só ás entradas e páxinas. Para máis información sobre a edición completa do sitio, os seus compoñentes e outro traballo activo destacado, bota un vistazo á páxina do resumo das características do proxecto.
Para 2021, o proxecto ten algúns obxectivos grandes, como se describe nesta entrada:
- Edición completa do sitio:incorporar ao plugin de Gutenberg e, posteriormente, ao núcleo de WordPress, a capacidade para editar todos os elementos dun sitio usando os bloques de Gutenberg. Isto tamén incluirá todas as características en progreso deseñadas para axudar aos usuarios existentes na súa transición a Gutenberg. Alcance/cronoloxía: MVP no plugin para abril de 2021, v1 no núcleo para WordPress 5.8.
- Aprender WP: permitir un equilibrio de coñecementos de WordPress proporcionando talleres, formacións pregrabadas e oportunidades de autoaprendizaxe en learn.wordpress.org. Alcance/Cronoloxía: publicar regularmente novos talleres e plans de leccións, manter unha alta taxa de aprobación nos cuestionarios dos talleres para establecer o éxito e a comprensión dos alumnos.
- Ferramentas para o colaborador: diminuír a sobrecarga do traballo manual de mantemento para os equipos a través de ferramentas mellores. Alcance/cronoloxía: variado e pendente de probas adicionais.
Queres involucrarte? Vai a Make WordPress! Sempre podemos utilizar máis persoas para axudar a traducir, deseñar, documentar, desenvolver e comercializar WordPress.
Versións planeadas actualmente
Estes son os lanzamentos actuais e as ligazóns aos seus fitos respectivos no noso seguimento de problemas . Calquera data proxectada é para fins de discusión e planificación, e reafirmarase a medida que nos acheguemos á publicación.
Versión | Planificado |
---|---|
5.9 (Trac) | Decembro 2021 |
Para máis información sobre a programación de versións prevista, por favor, le a entrada de Make WordPress Core sobre o calendario provisional de versións para 2020-2021.
O mes antes dunha nova versión as novas características conxélanse e o foco está completamente en asegurar a calidade da versión eliminando erros, refinando o código e solucionando calquera erro de rendemento.
Pode ver unha descrición xeral das versións anteriores na nosa páxina de historial .
Folla de ruta a longo prazo
A fase 2 de Gutenberg non finalizará cando se fusione con WordPress. O traballo para a recompilación de comentarios e da iteración en base ás necesidades dos usuarios continuará despois do lanzamento de WordPress 5.8. Como recordatorio, estas son as catro fases que se describiron no proxecto Gutenberg:
As catro fases de Gutenberg
- Edición máis sinxela — Xa dispoñible en WordPress, con próximas melloras
- Personalización — Edición completa do sitio, patróns de bloques, directorio de bloques e temas baseados en bloques
- Colaboración — Unha forma máis intuitiva de coautoría dos contidos
- Multilingüe — Implementación do núcleo para sitios multilingües