CMS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Un CMS (content management system, sistema de xestión de contidos) é unha aplicación que permite publicar, editar e modificar contidos, organizalos ou borralos así como mantelos dende unha interface central. Tales sistemas de xestión de contido subministran procedementos para manexar o fluxo de datos nunha contorna colaborativa. Estes procedementos poden ser realizados de xeito manual ou de xeito automático. Os CMS están dispoñibles dende finais dos anos 1990.

Os CMS son usados a miúdo para xestionar sitios web que conteñen blogs, novas e vendas. Moitos sitios corporativos e de mercadotecnia usan CMS. Os CMS en xeral tentan evitar o ter que manexar código, pero poden soportar o uso de código en elementos específicos ou mesmo páxinas enteiras.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]