Unha década da wikipedia do noso patrimonio
Corría o 17 de maio de 2011 cando o catálogo social en liña patrimoniogalego.es, que levaba meses xestándose, pasou a ser unha realidade. Dez anos despois, a que está considerada como a ‘wikipedia’ do noso patrimonio cultural vai camiño dos 12.000 bens inventariados por todo o país. Conta, de feito, con monumentos catalogados en todos e cada un dos 313 concellos galegos, comezando polo municipio de Pontevedra, onde arredor de 350 pezas figuran recollidas neste inventario virtual pioneiro mesmo no ámbito internacional. Á cidade do Lérez séguelle moi de preto Vigo, cun terzo de milleiro de fichas no catálogo. Pola súa parte, Baños de Molgas encabeza a lista dos concellos rurais cunha maior presenza, con máis de 270 bens catalogados, entre os que non pode faltar o santuario da Nosa Señora dos Milagres. Tocante á tipoloxía dos elementos inventariados, a icona galega que encarna o cruceiro é o tipo de...
Últimos comentarios