Características

WordPress está detrás de máis do 41% da web — unha cifra que crece cada día. Todo, dende simples webs, blogs, portais complexos e webs corporativas, e incluso aplicacións, están construídos con WordPress.

WordPress combina a simplicidade para os usuarios e editores coa complexidade para os desarrolladores. Isto faio flexible e á vez fácil de usar. A seguinte é unha lista dalgunhas das características que se inclúen de serie con WordPress; con todo, hai literalmente miles de plugins que amplían o que fai WordPress, polo que a funcionalidade real é case ilimitada. Tamén es libre de facer o que queiras co código de WordPress, estendelo ou modificalo de calquera xeito ou usalo para proxectos comerciais sen ningún tipo de custo de licenza. Esa é a beleza do software libre, libre refírese non só ao prezo senón tamén á liberdade de ter un control total sobre el.

Aquí están algunhas das características que nós pensamos que ti amarás.

  • Simplicidade
    A simplicidade fai que sexa posible conectarse en liña e publicar rapidamente. Nada debería obstaculizar a creación do teu sitio web e o seu contido. WordPress está deseñado para que iso ocorra.
  • Flexibilidade
    Con WordPress, podes crear calquera tipo de web que desexes: un blog ou unha web persoal, un fotoblog, unha web comercial, un portafolio profesional, unha web gubernamental, unha revista ou web de novas, unha comunidade en liña, incluso unha rede de webs. Podes facer que o teu sitio web sexa atractivo para os temas e amplialo con plugins. Incluso podes construír a túa propia aplicación.
  • Publica con facilidade
    Se algunha vez creaches un documento, xa es un xenio para crear contido con WordPress. Podes crear publicacións e páxinas, formatealas facilmente, engadir medios, e con só facer clic nun botón o teu contido estará público e na web.
  • Ferramientas de publicación
    WordPress facilítache a xestión do teu contido. Crea borradores, programa a súa publicación e mira as revisións das túas publicacións. Fai que o teu contido sexa público ou privado, e protexe publicacións e páxinas cun contrasinal.
  • Xestión de usuarios
    Non todos requiren o mesmo acceso a túa web. Os administradores administran o sitio, os editores traballan co contido, os autores e colaboradores escriben ese contido, e os subscritores teñen un perfil que poden administrar. Isto permíteche ter variedade de colaboradores na túa web, e permitir que outros simplemente sexan parte da túa comunidade.
  • Xestión de Medios
    Din que unha imaxe vale máis que mil verbas, polo que é importante que podas cargar imaxes e medios de forma sinxela e rápida en WordPress. Arrastra e solta os teus medios no cargador para agregalos á túa web. Engade un texto alternativo, lendas e títulos, e inserta imaxes e galerías no teu contido. Incluso engadimos algunhas ferramentas de edición de imaxes coas que podes divertirte.
  • Cumprimento completo de estándares
    Cada parte do código xerado por WordPress cumpre cos estándares establecidos pola W3C. Isto significa que a túa web funcionará no navegador actual, mentres manteña a compatibilidade coa próxima xeración de navegadores. A túa web é algo fermoso, agora e no futuro.
  • Sistema de temas sinxelo
    WordPress inclúe dous temas por defecto, pero se non son para ti, hai un directorio con miles de temas para que podas crear un sitio web fermoso. Ningún deses temas é do teu gusto? Sube o teu propio tema con premer un botón. Nun par de segundos, terás un cambio de imaxe completo da túa web.
  • Amplía con plugins
    WordPress ven repleto de características para cada usuario, para outras características hai un directorio de plugins con miles de plugins. Engade galerías complexas, redes sociais, foros, widgets de redes sociais, protección contra correo non desexado, calendarios, controles precisos para a optimización de motores de búsqueda e formularios.
  • Comentarios incluídos
    O teu blog é a túa páxina de inicio e os comentarios brindan un espazo para que os teus amigos e seguidores se relacionen co teu contido. As ferramentas de comentarios de WordPress ofrécenche todo o que necesitas para que sexa un foro de discusión e poder moderar esas discusións.
  • Optimizado para motores de busca
    WordPress está optimizado para os motores de búsqueda dende o primeiro momento. Para un control SEO máis refinado hai moitos plugins de SEO que se encargan diso.
  • Usa WordPress no teu idioma
    WordPress está dispoñible en máis de 70 idiomas. Se ti ou a persoa para a que estás creando a web preferides usar WordPress nun idioma que non sexa o inglés, é fácil de facer.
  • Instalación e actualizacións sinxelas
    WordPress sempre foi fácil de instalar e actualizar. Moitos aloxamentos web ofrecen instaladores de WordPress que che permiten instalar WordPress cun só clic! Ou, se es feliz usando un programa FTP, podes crear unha base de datos, subir WordPress usando FTP, e executar o instalador.
  • Importadores
    Estás a usar un blog ou software de sitio web co que non estás satisfeito? Estás a executar o teu blog nun servizo hospedado que está a piques de desaparecer? WordPress vén con importadores para blogger, LiveJournal, Movable Type, TypePad, Tumblr e WordPress. Se estás listo para facer o cambio, fixémoscho fácil.
  • Ti es o propietario dos teus datos
    Os servizos aloxados van e veñen. Se algunha vez usaches un servizo que desapareceu, sabes o traumático que pode ser. Se algunha vez viches anuncios no teu sitio web é probable que che molestaran bastante. O uso de WordPress significa que ninguén ten acceso o teu contido. Ten os teus datos, todo o que contén — a túa web, o teu contido, os teus datos.
  • Liberdade
    WordPress ten licenza GPL que foi creada para protexer as túas liberdades. Es libre de usar WordPress da forma que elixas: instalalo, usalo, modificalo e distribuílo. A liberdade do software é a base sobre a que se cimenta WordPress.
  • Comunidade
    Como o CMS de código aberto máis popular na web, WordPress ten unha comunidade vibrante e solidaria. Fai unha pregunta nos foros de soporte e obtén axuda dun voluntario, asiste a unha WordCamp ou Meetup para obter máis información sobre WordPress, le publicacións en blogs e titoriais sobre WordPress. A comunidade é o corazón de WordPress, polo que é o que é hoxe.
  • Colabora
    Ti tamén podes ser WordPress! Axuda a construir WordPress, responde preguntas nos foros de soporte, escribe documentación, traduce WordPress ao teu idioma, fala nunha WordCamp, escribe sobre WordPress no teu blog. Calquera que sexa a túa habilidade, encantaríanos terte!

Características para desenvolvedores

Para os desenvolvedores, temos moitas sorpresas que podes empregar para estender WordPress en calquera dirección que che apeteza.

  • Sistema de plugins
    As APIs de WordPress permítenche crear plugins para estender WordPress. A extensibilidade de WordPress reside nos miles de ganchos á túa disposición. Unha vez que teñas creado o teu plugin, mesmo temos un directorio de plugins para que o poidas aloxar.
  • Sistema de temas
    Crea temas de WordPress para clientes e usuarios de WordPress. A API de WordPress proporciona a capacidade de ampliación para crear temas tan simples ou complexos como desexes. Se desexas regalar o teu tema de manera gratuíta, podes proporcionárllelo aos usuarios no directorio de temas.
  • Entorno de traballo para aplicacións
    Se queres crear unha aplicación, WordPress tamén pode axudarche con iso. WordPress proporciona moitas das características que a túa aplicación necesitará: traducións, xestión de usuarios, peticións HTTP, bases de datos, encamiñamento de URLs e moito, moito máis. Tamén podes utilizar nosa REST API para interactuar con ela.
  • Tipos de contido personalizado
    WordPress inclúe tipos de contido por defecto, pero para unha maior flexibilidad podes engadir unhas poucas liñas de código para crear os teus propios tipos de contido, taxonomías e metadatos personalizados. Leva a WordPress na dirección que desexes.