A sede electrónica do Concello de Teo é unha prolongación da oficina administrativa tradicional, dispoñible para que a cidadanía poida realizar os seus trámites as 24 horas dos 365 días do ano.
O Concello de Teo aprobou unha ordenanza para a promoción das libertades sexuais. O texto publicouse no BOP do 14 de febreiro de 2019. O obxecto desta ordenanza céntrase na necesidade de evitar no espazo público e nas actividades municipais todas as prácticas individuais ou colectivas que atenten contra a dignidade das persoas, e, en concreto, as condutas de índole sexual e discriminatorias por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero, especialmente cando se dirixan aos colectivos máis vulnerables.
Teo avisos é unha aplicación para mobil a través da que a cidadanía pode enviar de xeito áxil as súas queixas e incidencias. A maiores tamén pode atopar información de axenda das actividades municipais así como puntos de interese do Concello.