Harold Urey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Harold Clayton Urey
Nobel prize medal.svg
Harold Urey.jpg
Harold Urey, sobre 1963.
Datos persoais
Nacemento29 de abril de 1893
LugarWalkerton, Indiana Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento5 de xaneiro de 1981 (87 anos)
LugarLa Jolla (San Diego, California) Estados Unidos de América Estados Unidos
ResidenciaEstados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidadeestadounidense
CónxuxeFrieda Daum (1926)
Actividade
Campo
  • Química Física
  • Alma máter
  • Universidade de Montana
  • Universidade de California, Berkeley
  • Director de tese
  • Gilbert Newton Lewis
  • Alumnos de tese
  • Stanley Miller
  • Contribucións e premios
    Coñecido por
  • descubrimento do Deuterio
  • Experimento de Miller e Urey
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (1934)
  • Medalla de Ouro da Real Sociedade Astronómica
  • Medalla Davy (1940)
  • Harold Urey signature.svg
    editar datos en Wikidata ]

    Harold Clayton Urey, nado o 29 de abril de 1893 en Walkerton (Indiana) e finado o 5 de xaneiro de 1981 no barrio de La Jolla (San Diego), foi un químico e profesor universitario estadounidense, pioneiro en traballar con isótopos co que gañou o Premio Nobel de Química en 1934 e máis tarde conduciuno a Teoría da Evolución Paleontolóxica.

    Traxectoria[editar | editar a fonte]

    Fillo do Reverendo Samuel Clayton Urey e Cora Rebecca Riensehl. Logo dun curto período de aprendizaxe, obtén un título en zooloxía na Universidade de Montana en 1917, e entra a traballar na compañía química Barrett de Filadelfia, Pensilvania. Durante a Primeira Guerra Mundial dedicouse á investigación, continuando despois os seus estudos na Universidade de California, onde se doutorou en 1923 e estudou física atómica con Niels Bohr na Universidade de Copenhaguen (1923-1924), que viña de traballar na estrutura do átomo no Instituto para a Física Teórica de Copenhaguen.

    Desde 1919 e ata 1957 exerceu o ensino, sucesivamente na Universidade de de Montana, Universidade Johns Hopkins (1924-1929) e Universidade de Columbia (1934-1945) reúne un equipo de socios que incluíron a Rudolph Schoenheimer, David Rittenberg e Thomas Ivan Taylor, así como na Universidade de Chicago, onde foi profesor de química do Instituto de Estudos Nucleares, e Universidade de Oxford. En 1958 foi profesor na Universidade de California en San Diego.

    Finalmente, Harold faleceu no barrio de La Jolla, na cidade de San Diego, o 5 de xaneiro de 1981, e foi enterrado no cemiterio Fairfield, en DeKalb County, no seu natal Indiana.

    Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

    Os seus traballos centráronse inicialmente no illamento de isótopos pesados do hidróxeno, osíxeno, nitróxeno, carbono e xofre, sendo galardoado en 1934 co Premio Nobel de Química pola obtención de deuterio (hidróxeno pesado) e o illamento da auga pesada (óxido de deuterio, D2O ou ²H2O.).

    No transcurso da Segunda Guerra Mundial, dirixiu, na Universidade de Columbia, o grupo de investigación sobre métodos de separación do isótopo do uranio, U-235, do U-238, e a produción de auga pesada. Contribuíu, ademais, ao desenvolvemento da bomba de hidróxeno. Finalizadas estas investigacións, desenvolveu unha grande actividade dentro do grupo de científicos atómicos que solicitaban o control internacional da enerxía atómica.

    Dedicouse tamén a realizar investigacións sobre xeofísica, o problema da orixe do Sistema Solar e sobre paleontoloxía.

    Ademais do Premio Nobel, obtivo en 1966 a Medalla de ouro da Real Sociedade Astronómica.

    En colaboración co físico estadounidense Arthur Edward Ruark, escribiu Átomos, moléculas e cantos (1930) e Os planetas: a súa orixe e desenvolvemento (1952).

    Recoñecementos[editar | editar a fonte]

    Na súa honra bautizáronse o cráter Urey sobre a superficie da Lúa así como o asteroide (4716) Urey descuberto o 30 de outubro de 1989 por Schelte J. Bus

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

    Predecesor:
    Irving Langmuir
    Premio Nobel de Química
    Nobel prize medal.svg

    1934
    Sucesor:
    Frédéric Joliot
    Irène Joliot-Curie